Teatro García Barbón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
m HombreDHojalata moveu a páxina "Centro Cultural Novacaixagalicia" a "Teatro García Barbón"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de setembro de 2013 ás 19:09

Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia Vigo
Teatro García Barbón.
Localización de Teatro García Barbón en Galicia
Teatro García Barbón
Mapa de Galiza
EnderezoPolicarpo Sanz, 13, Vigo. 36202, Pontevedra
CidadeVigo
PaísGalicia Galiza
Coordenadas42°14′16″N 8°43′24″O / 42.237903, -8.723389Coordenadas: 42°14′16″N 8°43′24″O / 42.237903, -8.723389
Arquitecto/sDesiderio Pernas e Antonio Palacios
Propiedade deCaixanova
Capacidade994[1]
Inauguración23 de abril de 1927
Reapertura22 de marzo de 1984
Outros nomesTeatro García Barbón
Páxina webPáxina web

O Centro Cultural Novacaixagalicia é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.

Historia

Fachada traseira.

O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe nun teatro anterior queimado polo lume no mes de febreiro de 1910 e localizado no mesmo emprazamento e cuxo derradeiro propietario foi don Xosé García Barbón. O teatro anterior foi chamado primeiro “Romea”, logo “Cervantes” e finalmente “Rosalía de Castro” ata que o lume o consumiu.

Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto Antonio Palacios, un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da Opera de París e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano 1913 no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.

A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de granito, material típico do Porriño natal do arquitecto. O seu estilo califícase como neobarroco, dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado[2].

Entre os anos 1982 e 1984 o inmoble foi restaurado polo arquitecto Desiderio Pernas ao ser adquirido pola entidade financeira Caixa Vigo (actual Novacaixagalicia) que pretendía convertelo nun centro cultural.

Entre as novidades da restauración destaca a cúpula de cobre engadida para acoller a biblioteca do derradeiro andar. Rematando o edificio, engadíronse tamén dúas esculturas dos cabalos de bronce de Juan Oliveira Viéitez nos machóns da fachada principal e o resto das figuras de pedra de Manuel García Buciños, alegorías da pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música[2]. Rematados os traballos de restauración, o teatro, convertido no Centro Cultural Caixavigo foi aberto de novo o 22 de marzo de 1984[3]. Cumpridos vinte anos da súa inauguración, o centro levou a cabo unhas 300.000 actividades, tivo uns 8 millóns de usuarios, e unha media de catro actos ao día[3].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas