Vimianzo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Vimianzo (La Coruña) por cbk-zam:Vimianzo |
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Vimianzo |
||
Liña 106: | Liña 106: | ||
[[br:Vimianzo]] |
[[br:Vimianzo]] |
||
[[ca:Vimianzo]] |
[[ca:Vimianzo]] |
||
[[cbk-zam:Vimianzo]] |
|||
[[en:Vimianzo]] |
[[en:Vimianzo]] |
||
[[es:Vimianzo]] |
[[es:Vimianzo]] |
Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 20:37
Coordenadas: 43°6′0″N 9°1′58.8″O / 43.10000, -9.033000
Vimianzo | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vimiancés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Terra de Soneira |
Poboación | 7.977 hab. (2012)[2][3] |
Área | 187,4 km²[3] |
Densidade | 42,57 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias[4] |
Política (2011) | |
Alcalde | Manuel Antelo (BNG) |
Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 3 Outros: 3 |
Eleccións municipais en Vimianzo | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 99,49% |
Na rede | |
www.vimianzo.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2012 tiña 7.977 habitantes (8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vimiancés».
Evolución da poboación de Vimianzo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
8.637 | 9.222 | 10.678 | 9.646 | 8.475 | 8.128 | 7.977 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
Limita cos concellos de Zas, Dumbría, Muxía, Camariñas e Laxe.
Patrimonio histórico e artístico
Ten unha grande abundancia de restos megalíticos entre os que destacan os dolmens de Pedra Cuberta, a Casota de Freáns ou Pena Moura de Monte Carnio. Nos últimos anos apareceron exemplos de petróglifos nos lugares de Boallo e Berdoias. Na parroquia de Tines atopouse nos anos 50 a Estela de Vitorinus (Museo Arqueolóxico da Coruña) e distintos restos de enterramentos romano-suevos.
Da época medieval hai que subliñar o castelo de Vimianzo ou Torres de Martelo. Este castelo mostra un excelente estado de conservación e pódese visitar. Outra fortaleza defensiva, esta do século XVI, que merece ser destacada son as Torres de Cereixo situadas ó carón dunha igrexa románica que posúe a primeira representación da traslación do corpo do apóstolo Santiago o Maior.
Xa, en plena actualidade, destaca a labor que exerce desde comezos do século XXI, a Asociación Xuvenil Cherinkas no ámbito do Deporte e a Cultura do concello. Con máis de 20 actividades por ano, é sen lugar a dúbidas a asociación sen ánimo de lucro máis productiva de toda a Costa da Morte. Actividades como o SondeRock, o Roland Esgarros ou a Cherinkopa son produto dun grupo de arredor de 200 socios.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vimianzo.
-
Porta sur da igrexa de Cereixo. Representa a traslación do Apóstolo Santiago.
-
Casota de Freán
Parroquias
Lugares de Vimianzo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vimianzo vexa: Lugares de Vimianzo.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vimianzo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vimianzo |