Cereixo, Vimianzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cereixo
Cereixo. Vimianzo. Galiza-2.jpg
Igrexa de Santiago de Cereixo.
ConcelloVimianzo
Poboación516 hab. (2013)
Entidades de poboación5

Santiago de Cereixo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2013 tiña 516 habitantes (269 mulleres e 247 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 694 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Torres-Pazo de Cereixo[editar | editar a fonte]

Fortaleza defensiva de comezos do século XVI, consistente nun predio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.[1]

Igrexa de Santiago do Cereixo[editar | editar a fonte]

Tímpano da porta lateral

Igrexa románica construída na segunda metade do século XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón.[1]

Sobre a porta lateral levántase un tímpano que pode ser a primeira representación do traslado do corpo do apóstolo Santiago o Maior a Galicia. Esta prioridade histórica discútea cunha moeda atopada nas escavacións de Adro Vello, na costa norte do Grove, e datada tamén no século XII; hoxe está exposta no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela [2].

Villa Purificación[editar | editar a fonte]

Preto das anteriores está Villa Purificación, unha casa grande do século XVIII propiedade de Juan Carlos Trillo-Fernández Alonso, maxistrado do Tribunal Supremo e fillo de José Trillo-Fernández Abelenda, procurador na Coruña e tenente alcalde nesa cidade durante a alcaldía de Alfonso Molina. A denominación da casa débese á bisavoa do propietario. A vivenda, de estilo barroco, ten dous pisos con planta en forma de "L". No alzado posterior destaca unha escaleira de pedra que comunica directamente co piso superior. Os balaústres de pedra da escaleira, de boa labra son de estilo compostelán. Nos esquinais e nos vans a pedra é de cantaría, sendo de cachotaría nos paños. No terreo, amais dun xardín hai un hórreo de dezanove pés (o terceiro máis grande de Galicia [Cómpre referencia]), un vello forno de pan e un pombal circular de pedra convertido en bodega. Nesta casa cobrábanse os foros de toda a zona.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cereixo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cereixo no concello de Vimianzo (A Coruña)

Cures | A Esquipa | Porto de Cereixo | Tufións | Vilar

Parroquias de Vimianzo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Diccionario Enciclopédico Galego Universal. Ir Indo / La Voz de Galicia. ISBN 84-7680-429-6. 
  2. Adro Vello, un exemplo do abandono do patrimonio galego, en Historiadegalicia.gal, 17.07.2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]