Casota de Freáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°02′52.3″N 9°05′10.9″O / 43.047861, -9.086361

Casota de Freáns

A Casota de Freáns, tamén coñecida como Casota dos Mouros ou Casota de Berdoias é un dolmen situado na parroquia de Berdoias, concello de Vimianzo, de particulares características dentro do megalitismo galego. Estímase que foi construído entre o 2500 e o 2000 a.C.

É de propiedade pública e está declarada como Ben de Interese Cultural, figurando no Catálogo da Xunta co código GA15092003. Ten camiño de acceso e non está cuberto de maleza nin está afectado por obra algunha. O seu estado de conservación é bo.

Características[editar | editar a fonte]

Presenta unha planta rectangular formada por tres chantas verticais e unha tampa monolítica. As súas dimensións son de 1,60 metros de largo na cabeceira, 1,48 metros na entrada, cunha lonxitude de 2,70 metros, e cuberta de 2,40 x 3,50 metros. Dentro, nas súas laxes verticais conserva varias inscricións: coviñas e cruces. Estas últimas seguramente se fixeran para cristianizar un lugar pagán.

Posto que non ten a estrutura típica (con corredor e estrutura tumularia), encaixa dentro das construcións tardías do megalitismo galego, predecesoras das cistas da Idade de Bronce. A lenda conta que estas pedras foron levadas por unha muller (ou a Virxe) na cabeza en canto fiaba nunha roca. Durante anos, esta casota serviu de refuxio para os pastores de Berdoias.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. 
  • LEMA SUÁREZ, Xª Mª e VV. AA. (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
  • LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte. Tórculo Edicións Gráficas, Santiago de Compostela

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]