Tines, Vimianzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tines
Estela de Tines.
ConcelloVimianzo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752
Poboación174 hab. (2019)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 179 habitantes (79 homes e 100 mulleres)[2], 61 menos ca en 1999.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.

Historia[editar | editar a fonte]

En Tines atopáronse restos de diferentes épocas históricas. A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII. Atopáronse vestixios romanos nas escavacións feitas en 1954, se ben algúns dos vestixios foron destruídos.

Apareceu material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez. Tamén apareceron sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI. Tamén se descubriron vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.

Xunto aos sarcófagos pétreos apareceu a estela romana de Vitorino ou estela de Tines. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións. Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV, pola aparición da fórmula "in pace". Consérvase no Museo Arqueolóxico da Coruña.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Tines[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña)

Pazos | Romarís | Tines

Parroquias de Vimianzo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]