Saltar ao contido

Treos, Vimianzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Miguel de Treos
ConcelloVimianzo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°05′33″N 8°58′11″O / 43.0924847, -8.96959528
Poboación357 hab. (2019)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Treos é unha parroquia do concello coruñés de Vimianzo, arciprestado de Soneira e diocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 358 habitantes (169 homes e 189 mulleres), repartidos nas 11 entidades de poboación.

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

Atópase delimitada polas parroquias de Tines, Serramo e Cambeda (tamén do concello de Vimianzo), Vilar, Loroño, Roma e Meanos (concello de Zas), distando 7,5 km da capital do concello.

Enclaves naturais

[editar | editar a fonte]

O monte Cárneo, con 343 metros é o que rexistra a maior altitude, sendo bañada polo río de Vilar e o Xora, o seu afluente principal.

As súas orixes remóntanse ó período megalítico pola presenza dos dolmens de Pedra Moura e de Pedra Cuberta. Este segundo é considerado como un dos máis importantes da Península Ibérica polos seus restos pictóricos, o uso de pinturas en negro e vermello sobre fondo branco e os seus motivos ondulados formando unha figura idoliforme, moi parecida ás atopadas no sueste da Península. Chégase desde un camiño secundario da aldea de Arxomil, e hoxe atópase parcialmente derrubado. Consta dun corredor e dunha cámara octogonal na que falta a lousa de cobertura.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Treos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Treos no concello de Vimianzo (A Coruña)

A Areosa | O Arxomil | Carnio | Colúns | Pedra Cuberta | Quintáns | O Refoxo | Sandrexo | Treos | Treviño | Xora

Parroquias de Vimianzo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]