Saltar ao contido

Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Canadense»)

Modelo:Xeografía políticaCanadá
Canada (en)
Canada (fr) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

HimnoÔ Canada (1 de xullo de 1980) Editar o valor en Wikidata

Lema«A Mari Usque Ad Mare (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialCastor americano (símbolo nacional) Editar o valor en Wikidata
EpónimoStadacona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°N 110°O / 60, -110
CapitalOtava (1867–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (1867)
Reino Unido (1931)
Reino Unido (1982) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación36.991.981 (2021) Editar o valor en Wikidata (3,7 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Relixiónsen valor Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie9.984.670 km² Editar o valor en Wikidata
Auga8,62 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico, Océano Pacífico, Océano Ártico, Grandes Lagos, América do Norte e Baía de Hudson Editar o valor en Wikidata
Altitude487 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Logan (5.959 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Ártico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xullo de 1867:  escindido de Reino Unido Q16721390, Q1191952 (Confederação do Canadá (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Día festivo
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXosé de Nazaret, Jean de Brébeuf, Santa Ana e Mártires canadenses (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
federación
parliamentary system (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno do Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataJustin Trudeau (2015–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Canadá , (Escano: 443) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSuprema Corte do Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.206.764.000.000 C$ (2020) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar canadense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ca e .quebec Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+1 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor en Wikidata
Código de paísCA Editar o valor en Wikidata

Sitio webcanada.ca Editar o valor en Wikidata
Twitter: Canada BNE: XX5625199 Editar o valor en Wikidata

O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.

O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.

O Canadá é unha federación, unha democracia parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da Commonwealth de Nacións e a xefa de estado do país é a raíña Isabel II de Inglaterra, que está representada no Canadá por un gobernador xeral. O xefe do goberno é o primeiro ministro, posto ocupado actualmente por Justin Trudeau. A capital do país é Otava.

O país obtivo súa independencia en 1 de xullo de 1867, do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en 1931, segundo os termos do Estatuto de Westminster.

O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por franceses e ingleses, cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia inglesa, escocesa ou irlandesa; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia francesa. Os tres maiores grupos minoritarios do país son italianos, alemáns e chineses.

Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa gran poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do século XX viuse asociada á cultura norteamericana.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Canadá vén da palabra do iroqués de St. Lawrence kanata, que significa "vila" ou "asentamento".[1] En 1535, os indíxenas que habitaban a actual rexión da Cidade do Quebec empregaban a palabra para dirixir ao explorador francés Jacques Cartier á aldea de Stadacona.[2] Cartier empregou posteriormente a palabra Canadá para referirse non só a esta aldea en particular, senón a toda a área sometida por Donnacona (o xefe de Stadacona); por 1545, os libros e mapas europeos comezaron a referirse a esta rexión como Canadá.[2]

No século XVII e principios do XVIII, "Canadá" referíase á parte de Nova Francia que se estendía ao longo do río St. Lawrence e a beira setentrional dos Grandes Lagos. A área foi posteriormente dividida en dúas colonias británicas, Alto Canadá e Baixo Canadá. Estas foron reunificadas na Provincia do Canadá en 1841.[3]

Despois da Confederación en 1867, Canadá foi adoptado como o nome legal para o novo país, e a palabra Dominion foi conferida como título do país.[4] Porén, como o Canadá afirmou a súa autonomía política do Reino Unido, o goberno federal incrementou o uso simplemente de Canadá nos documentos e tratados do estado, un cambio que se reflectiu no renomeamento do día nacional de Dominion Day a Canada Day in 1982.[5]

Artigo principal: Historia do Canadá.

Política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política do Canadá.

O xefe de Estado do Canadá é a raíña Isabel II, Raíña de Gran Bretaña e dos demais reinos da Commonwealth. As tarefas do xefe de estado son exercidas no Canadá por un representante, polo Gobernador Xeral, que é xeralmente un político ou outro canadense prominente, escollido pola raíña, a través dun consello do primeiro ministro do Canadá. Nin a raíña nin o Gobernador Xeral posúen apenas poderes, senón que o Gobernador Xeral participa máis de cerimonias e papeis simbólicos, incluíndo a aprobación (simbólica) das leis propostas e discutidas polo Senado do Canadá. O Gobernador Xeral tamén abre e pecha sesións do parlamento, e disolve o parlamento antes da realización de eleccións nacionais.

O Gobernador Xeral tamén aproba - simbolicamente - o líder de goberno, o primeiro ministro do Canadá, considerado por moitos tamén o xefe de estado do país (dado o papel apenas simbólico da Raíña Isabel e o seu representante no país). O primeiro ministro do Canadá é o líder do partido político que conseguiu máis votos e representantes na Casa dos Comúns do Canadá. O primeiro ministro, pola súa banda, escolle os membros do Gabinete, que son membros do partido político do primeiro ministro, en ambas as casas lexislativas. O Poder Executivo no país é exercido polo primeiro ministro e polo Gabinete.

O Poder Lexislativo do Canadá posúe dúas casas: A Casa dos Comúns do Canadá - cuxos membros son directamente escollidos pola poboación - e o Senado, cuxos membros son escollidos polo Gobernador-Xeral, a consello do primeiro ministro do Canadá. Para que leis entren en vigor no país, votos de ambas as casas son necesarias, aínda que a Casa dos Comúns, tamén chamada de Lower House, é sensibelmente máis poderosa do que o Senado, tamén chamada de Upper House. Os membros da Casa dos Comúns posúen mandatos que expiran nunha nova elección - que acontece a cada 4 anos, podendo concorrer á reelección, cantas veces quixesen. Os membros do Senado son propostos polo primeiro ministro (e aprobados polo Gobernador Xeral) regularmente, e serven no Senado ata completaren os 75 anos de idade, ou decidir renunciar.

Vista do Parlamento do Canadá.

O Canadá posúe catro principais partidos políticos. O partido tradicionalmente centrista Partido Liberal do Canadá gobernou o Canadá durante a maior parte do século XX, e é tamén o partido político actualmente no poder, cuxo líder (e primeiro ministro do país) é Justin Trudeau. Apenas outro partido político no país conseguiu chegar ao poder desde que o Canadá chegou ao poder, o xa extinto Partido Progresivo Conservador do Canadá, e o seu predecesor, o Partido Conservador do Canadá. O Partido Progresivo Conservador actualmente é o Partido Conservador do Canadá, resultante da fusión da primeira coa Alianza do Canadá, en decembro de 2003. O Novo Partido Democrático do Canadá é un partido político de esquerda, e o Bloc Quebecqois é un partido político de grande influencia no Quebec. Hai outros partidos políticos de menor importancia no país, e ningún deles posúe actualmente representantes no parlamento.

O Sistema Xudicial do Canadá é o principal intérprete das leis do país, e posúe o poder de anular calquera lei criada no país, que viole a constitución. O Tribunal Supremo do Canadá é o tribunal máis alto do país, árbitro final de calquera procesos Xudiciais. O Código Penal do Canadá é de responsabilidade federal, e uniforme ao longo do país. A Common Law é exercida polo goberno federal en todo o país excepto Quebec, que posúe a súa propia Common Law. O aseguramento do cumprimento das leis dos país é de responsabilidade provincial, aínda que varias provincias contraten os servizos da Royal Canadian Mounted Police (Real Policía Montada do Canadá) para esta tarefa. A Real Policía Montada do Canadá é a única forza policial do mundo que opera en tres niveis: municipal, provincial/territorial e federal.

O Canadá é un membro das Nacións Unidas, da Commonwealth, da La Francophonie, da Organización dos Estados Americanos, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, do Tratado de libre Comercio de América do Norte, da Organización Mundial do Comercio, do G8 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico.

Dereitos humanos

[editar | editar a fonte]

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Canadá firmou ou ratificou:

Canadá Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[6]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[7] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[8] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[9] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[10]
Pertenza Canadá recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Sen información Canadá recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Canadá recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Subdivisións

[editar | editar a fonte]

O Canadá está constituído por dez provincias e por tres territorios. Cada unha das provincias posúe certo grao de autonomía en relación ao goberno federal. Os territorios posúen un grao de autonomía menor do que as provincias. Cada unha destas subdivisións, á súa vez, posúe os seus símbolos provinciais/territoriais.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa político do Canadá.

O Canadá ocupa a metade superior da América do Norte, máis precisamente, 41% de todo o continente. O seu único veciño é os Estados Unidos de América, con quen limita ao sur (EUA continental) e ao noroeste (estado de Alasca). Na costa sur da Terra Nova e Labrador localízase Saint Pierre et Miquelon, un territorio ultramarítimo da Francia. O Canadá esténdese desde o océano Atlántico, ao leste, ata o océano Pacífico, ao oeste - este feito é a orixe do lema do país, "De mar a mar". Ao norte localízase o océano Ártico, con Groenlandia ao noroeste. A comunidade urbana máis setentrional do país (e do mundo) é a Canadian Forces Station Alert, na Illa Ellesmere - a súa latitude é de 82.5° norte, localizada a apenas 834 km do Polo Norte.

O Canadá é o segundo maior país, en área territorial, do mundo. Moito do Canadá localízase en rexións árticas, porén, e así sendo, o Canadá posúe apenas a cuarta maior cantidade de área arable do mundo, perdendo para a Rusia, China e os Estados Unidos. Mentres que o Canadá ocupa unha área maior de que os EUA, posúe apenas un nono da súa poboación. Cerca de metade do país está cuberto por bosques boreais.

Cerca do 60% da poboación do país vive na rexión dos Grandes Lagos/Val do río San Lourenzo. Ao norte desta rexión densamente habitada localízase o Canadian Shield, que se estende ao longo do norte do país, cubrindo preto do 55% do Canadá. O solo da rexión fora pesadamente erosionado por xeeiras e ventos fortes na Idade do xeo. Este solo caracterízase por estar constituído por rochas extremadamente duras, e por ser rico en minerais. Cerca do 60% dos lagos e 40% da auga doce do mundo están contidas dentro dos límites territoriais do país.

A Terra Nova, a illa máis occidental da América do Norte, localízase na foz do golfo do San Lourenzo, o maior estuario do mundo. Xa as provincias de Novo Brunswick e Nova Escocia están divididas pola Baía de Fundy, lugar onde ocorren as maiores variacións de mareas. Na rexión tamén se localiza a Illa do Príncipe Eduardo, a menor provincia do Canadá.

Vista de Jasper, Alberta, e das Montañas Rochosas.

Ao oeste de Ontario, e ao leste das Montañas Rochosas, localízanse os Campos do Canadá (Canadian Prairies), que se caracteriza polo seu terreo pouco accidentado e polo seu solo relativamente fértil.

O extremo norte do Canadá está formado por un vasto arquipélago, que contén varias das maiores illas do mundo.

O sur do Canadá caracterízase polo seu clima temperado, con catro estacións ben definidas, mentres o norte do país se caracteriza polo seu clima polar, con invernos longos e moi fríos, e veráns curtos e fríos. Os invernos do país son fríos, e todo o país está á mercé de tempestades de xeo, aínda que algunhas rexións sofren máis deste problema do que outras. As temperaturas poden chegar facilmente a un mínimo de -50 °C no extremo norte do país. A temperatura máis baixa xa rexistrada, -63 °C, na América do Norte foi rexistrada en Snag, Yukon. Xa os veráns do país tenden a ser quentes no sur do país (máximas de 30-35 °C no leste, de 25-30 °C no oeste do país, e de 35 a 42 °C no interior do país).

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía do Canadá.

En tempos coloniais, a economía do Canadá estaba dominada polo sector primario - fundamentalmente, a caza, comercio de peles e pesca, que comezaron no século XVII, pola agricultura, que pasou a ser practicada a partir do século XVIII, e pola minería, a partir do século XIX. Estas aínda son relativamente importantes no Canadá, sendo unha fonte de renda importante para unha pequena parcela da poboación do país. Porén, desde a primeira guerra mundial, o gran crecemento dos sectores de manufacturación, minería e de servizos e comercio transformaron o Canadá dunha economía fundamentalmente rural nunha industrial e urbana - facendo do sector terciario - comercio e servizo - a maior fonte de renda do país, seguida polo sector secundario - industria, minería e manufacturación.

O PIB do Canadá é de 1.1 billóns de dólares, un dos dez máis altos do mundo. Como unha sociedade industrial influente e de alta tecnoloxía, o Canadá hoxe lembra os EUA no seu sistema económico orientado ao mercado, modelo de produción, e os altos padróns de vida. Desde 2001, o Canadá non afondou en depresións financeiras, posuíndo a mellor situación económica dos países da G8.

A economía do Canadá baséase no capitalismo. O país posúe unha das máis influentes economías mundiais. Favorecido pola proximidade aos Estados Unidos de América, e a través do tratado de FTA (Acordo de Libre Comercio dos Estados Unidos e o Canadá de 1989), posteriormente NAFTA (Acordo de Libre Comercio da América do Norte de 1994, que levou á inclusión do México ao FTA). Este acordo xerou un crecemento dos lazos comerciais, e da integración económica cos EUA.

O sector primario do Canadá - agricultura, pesca e silvicultura - é responsable por 3% do PIB do país, e empregan un total de aproximadamente 675 mil persoas.

O sector secundario - manufacturación, construción e minería - responten por 30% do PIB do Canadá. Soamente xa a manufacturación de produtos industrializados é responsable 18% do PIB canadense, e emprega aproximadamente 2.3 millóns de persoas. Construción é responsable do 5% do PIB, empregando a 820 mil persoas, e as minas do 4%, e emprega preto de 285 mil persoas.

A maior parte do PIB do Canadá provén do seu sector terciario - comercio e servizos, que representan o 67% do PIB do Canadá. Os servizos comerciais de pequena escala son representan o 22% do PIB, e empregan 5.7 millóns de persoas, en canto o sector financeiro representa o 19% do PIB e polo fornecemento de 870 mil empregos. Xa a venda de produtos por parte de grandes empresas representa o 11% do PIB do Canadá e xera aproximadamente 2.3 millóns de empregos. Existen tres bolsas no Canadá, unha en Toronto - a principal do país - outra en Montreal e outra en Vancouver. A capital económica do Canadá é Toronto.

Un gran problema na economía do Canadá é a falta de profesionais recoñecidos, de alta educación, no país - moitos profesionais que estudan no Canadá deixan o país para traballar nos Estados Unidos, atraídos por mellores salarios e menores impostos. Ao mesmo tempo, profesionais cualificados doutros países inmigran para o Canadá, mais os seus diplomas de ensino superior non son moitas veces recoñecidos no Canadá.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía do Canadá.
Crecemento da poboación do Canadá desde 1961.

O Canadá é un país de baixa densidade de poboación, cos seus 32 millóns de habitantes, e apenas 3.5 habitantes por quilómetro cadrado. Cerca do 75% da poboación do país vive no sur do país, máis exactamente, nunha franxa de 150 km ao norte da fronteira sur do Canadá cos Estados Unidos, desde o océano Atlántico ata o océano Pacífico, en canto o norte do país é escasamente poboado, por causa do seu clima severo.

En 2001, o 66% dos canadenses eran de ascendencia europea (principalmente de orixe británica ou francesa), o 26% eran de ascendencia mixta e o 6% tiñan ascendencia exclusivamente non europea, especialmente os orixinarios da Asia. Apenas o 2% da poboación está formada pola poboación aborixe; desta, o 1% son metis. Os maiores grupos étnicos, non ingleses ou franceses, son italianos, alemáns, chineses e poloneses.

O Canadá ten unha taxa de fertilidade total baixa, e semellante á dos países da Europa Occidental. Depende da inmigración para manter e aumentar a súa poboación. O Canadá desenvolveu un mecanismo sofisticado para atopar inmigrantes apropiados e para os integrar na sociedade sen conflito. Un sexto dos canadenses naceu no estranxeiro, unha porcentaxe que só fica por baixo de Australia.

A maior parte dos canadenses é cristiá, sendo preto de 42% católicos romanos e 38% protestantes. A denominación protestante máis numerosa é a Igrexa Unida do Canadá (United Church of Canada).

O Canadá foi clasificado en primeiro lugar durante nove anos consecutivos no Índice de Desenvolvemento Humano, entre 1992 e 2000. Actualmente, o país ocupa a cuarta posición deste índice.

Artigo principal: Cultura do Canadá.

Canadá é un país multicultural, onde todas as culturas son consideradas igualmente importantes e, como consecuencia, valoradas por igual. O goberno adoptou oficialmente a política de multiculturalismo en 1971.

Debido ao seu pasado colonial, a cultura do Canadá foi moi influenciada pola cultura e tradicións de Inglaterra e Francia. Dada súa proximidade cos Estados Unidos, a cultura do Canadá tamén foi influenciada pola cultura norteamericana. A pesar disto, a cultura canadense conseguiu desenvolver características propias e únicas. En moitos aspectos, unha cultura nacional máis robusta e distinta desenvolveuse en anos recentes, parcialmente por causa do nacionalismo cívico que se espallou polo país nos anos que antecederan ó Centenario do Canadá, en 1967, e tamén por causa dos incentivos do goberno para estimular programas que difunden a cultura e a arte no país.

Os pobos aborixes que vivían no Canadá antes da chegada dos primeiros europeos construíron os primeiros piares da historia e cultura do Canadá. Cada nación aborixe posuía a súa cultura, idioma e historia. Moitas destas nacións aínda existen no país. Eles pescaban, cultivaban e cazaban en todos os cantos do Canadá, e respectaban moito a natureza, e crian que a súa existencia (dos homes) dependía dela (da natureza). Hábiles costureiros, usaban plantas para facer roupas e outros utensilios. Estes pobos son a base da cultura do Canadá, e tamén os primeiros pobos do país.

Canada Day, día da independencia do Canadá.

Os antigos colonizadores europeos axudaron a formar a base da cultura do Canadá. Ao longo da colonización do Canadá, is colonos inventaron lendas, mitos e folclores sobre a terra que os rodeaba.

A chegada dos medios de comunicacións modernos - xornais, televisión, radio e música-, fixeron que os Estados Unidos, a partir do século XIX, exercera a principal influencia sobre a cultura canadense. Moitos programas, autores, músicos e filmes son tan populares no Canadá como nos Estados Unidos, e a cultura de ambos os países posúe moitas características en común. Canadá e EUA posúen varios acordos comerciais, legais, políticos e militares.

A grande influencia da cultura norteamericana no país xera preocupacións sobre unha asimilación cultural dos canadenses por parte dos norteamericanos. Con isto en mente, o goberno canadense creou varias leis e institutos gobernamentais para a protección da cultura canadense.

En anos recentes, Canadá tense diferenciado cada vez máis dos Estados Unidos, á medida que o Canadá continua a manter políticas fiscais equilibradas, e unha sociedade cada vez máis liberal. O goberno e o pobo canadense, en xeral, aproba un sistema de saúde único, o matrimonio homosexual, ao mesmo tempo en que soportan recortes en impostos e acordos de libre comercio.

A cidade do Quebec, centro político e cultural do Canadá francófono.

O Canadá posúe dous idiomas oficiais: o inglés e o francés. Ambos son usados no Parlamento do Canadá. O 7 de xullo de 1969, a lingua francesa igualouse coa lingua inglesa, para todo o sistema federal de goberno. Isto iniciou un proceso que levou o Canadá a tornarse unha nación bilingüe e multicultural:

  • O francés e o inglés posúen status iguais no parlamento, tribunais federais e en todas as institucións federais.
  • Todo cidadán canadense posúe o dereito de ter un xuízo en francés ou en inglés, a petición do xulgado.
  • O público posúe o dereito, onde hai suficiente demanda, de recibir servizos gobernamentais en francés ou en inglés.
  • Os grupos aborixes posúen o dereito de seren educados no seu idioma nativo.
  • Aínda que o multiculturalismo sexa a política oficial do país, unha persoa precisa falar fluidamente o francés ou o inglés para tornarse un cidadán canadense.
  • Máis do 98% dos canadenses falan francés ou inglés, ou ambos os idiomas.

Cada provincia ten o dereito de definir os seus idiomas oficiais. No Quebec, o idioma oficial da provincia é o francés, aínda que cidadáns anglófonos e aboríxenes na provincia posúen certos dereitos que axudan a preservar estes idiomas dentro do Quebec. A provincia proporciona servizos gobernamentais en francés e en inglés, cando o menos nas principais cidades da provincia.

Calgary.

O francés é maioritariamente falado en Quebec - menores grupos francófonos viven na Novo Brunswick, Ontario e Manitoba. No censo nacional de 2001, 6.864.615 persoas dixeran que o francés era o seu idioma materno. Destes, o 85% vivían en Quebec. Para os efectos de comparación, 17.694.835 habitantes escolleran o inglés como idioma materno. Novo Brunswick é oficialmente a única provincia bilingüe do Canadá.

Hai idiomas non oficiais tamén importantes no Canadá: 5.470.820 persoas escolleron outro idioma distinto do francés ou inglés como idioma materno. Os principais idiomas non oficiais do Canadá son o chinés (853.745 falantes nativos), italiano (469.485) e alemán (438.080).

Grupos aborixes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Amerindios do Canadá.

A Constitución de 1982 recoñece tres grupos principais de aborixes no Canadá: os indíxenas (First Nation), os inuit (esquimós) e os metis. A poboación aborixe creceu a un ritmo dúas veces maior que o resto do Canadá. Actualmente, preto de 790 mil aborixes viven no país. Destes, o 69% son indíxenas, o 26% son metis e o 5% son inuit.

Actualmente, fálanse 50 idiomas diferentes por estes grupos aborixes, a maioría só falados no Canadá. O uso destas linguas decreceu e prevese que a maioría delas se extinguirán en dúas ou tres xeracións. Apenas o inuktitut (idioma oficial nos Territorios do Noroeste e en Nunavut, con 29 mil falantes) e os idiomas objiwe e cree (ambos totalizando 150 mil falantes) son sustentables a longo prazo.

Símbolos nacionais

[editar | editar a fonte]

O uso da folla do pradairo como o símbolo nacional data do comezo do século XIX. Actualmente, a folla de pradairo aparece na bandeira, no brasón de armas, e nas moedas dun centavo de dólar canadense. As cores oficiais do país son branco e vermello. O animal do Canadá é o castor, que simboliza traballo e dedicación.

O deporte nacional de inverno, considerado tamén o deporte nacional do país, é o hóquei sobre xeo. Xa o deporte nacional de verán é o lacrosse, aínda que os deportes máis practicados nesta época do ano sexan o fútbol e o baloncesto.

Data Nome local (inglés/francés) Nome en galego Observacións
1º de xaneiro New Year's Day/jour de l'an Ano Novo
(varía) Good Friday/vendredi saint Venres santo Xeralmente celebrado en abril.
(varía) Easter Monday/Pâques Pascua Xeralmente celebrado en abril.
1º luns despois de 25 de maio Victoria Day/fête de la Reine Día da Raíña Celebración do aniversario da Raíña (do Commonwealth). No Quebec, o día dos patriotas celébrase tamén ese día.
1º de xullo Canada Day/fête du Canada Día do Canadá Conmemoración da Confederación de 1867 do Canadá.
Primeiro luns de setembro Labour Day/fête du travail Día do Traballo
Segundo luns de outubro Thanksgiving/action de grâce Acción de Grazas Día de lembrar as boas accións do pasado.
11 de novembro Remembrance Day/jour du souvenir Día da Lembranza Homenaxe aos mortos pola guerra do Canadá.
25 de decembro Christmas/Noël Nadal Celebración do nacemento de Xesucristo.
26 de decembro Boxing Day/lendemain de Noël Día do encaixotamento Día onde as tendas venden o exceso de mercadoría do Nadal.

Transportes

[editar | editar a fonte]
Un tren da Canadian Pacific Railway.

O Canadá posúe varios accidentes xeográficos que son grandes obstáculos para o transporte, como montañas, grandes corpos de auga e grandes bosques. Mesmo así, o país posúe un dos mellores sistemas de transporte do mundo.

A rede ferroviaria do Canadá posúe máis de 80 mil quilómetros de extensión. É a terceira maior rede ferroviaria do mundo. As dúas principais empresas ferroviarias do país son a Canadian National Railway e a Canadian Pacific Railway. Ambas as dúas son controladas por empresas privadas. A VIA Rail é un servizo ferroviario interurbano de pasaxeiros, administrada polo goberno canadense. Montreal é o maior polo ferroviario do país, seguido por Calgary e Toronto. Toronto e Montreal posúen modernos sistemas de metro.

As autoestradas conectan as principais cidades do Canadá entre si. Destacan a Trans-Canada Highway, que se estende por 8 mil quilómetros desde o océano Pacífico ata o océano Atlántico, e a Autovía/Vía Expresa Macdonald-Cartier, a vía rápida con máis movementos do mundo. Montreal é o principal polo viario do Canadá, seguido por Toronto e Calgary. Montreal posúe un extenso sistema de autovías.

Os principais centros portuarios do país son Vancouver, Montreal, Halifax e Toronto. O Canal Marítimo do San Lourenzo permite a navegación de navíos de gran porte entre o océano Atlántico ata os Grandes Lagos. Os principais aeroportos do país son Toronto, Vancouver e Montreal. A Air Canada é a principal liña aérea do país.

  1. Canadian Heritage, ed. (2008). "Origin of the Name, Canada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Maura, Juan Francisco (2009). "Nuevas aportaciones al estudio de la toponimia ibérica en la América Septentrional en el siglo XVI". Bulletin of Spanish Studies 86 (5): 577–603. ISSN 1475-3820. doi:10.1080/14753820902969345. 
  3. Rayburn, Alan (2001). University of Toronto Press, ed. Naming Canada: Stories of Canadian Place Names (2ª ed.). pp. 1–22. ISBN 978-0-8020-8293-0. 
  4. O'Toole, Roger (2009). "Dominion of the Gods: Religious continuity and change in a Canadian context". En Hvithamar, Annika; Warburg, Margit; Jacobsen, Brian Arly. Holy nations and global identities: civil religion, nationalism, and globalisation. Brill. p. 137. ISBN 978-90-04-17828-1. 
  5. Buckner, Philip, ed. (2008). Canada and the British Empire. Oxford University Press. pp. 37–40, 56–59, 114, 124–125. ISBN 978-0-19-927164-1. 
  6. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  7. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  8. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  9. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  10. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.