Saltar ao contido

Nova Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNova Escocia
Nova Scotia (en)
Nouvelle-Écosse (fr)
Alba Nuadh (gd) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Munit Haec et Altera Vincit» Editar o valor en Wikidata
EpónimoEscocia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°N 63°O / 45, -63
EstadoCanadá Editar o valor en Wikidata
CapitalHalifax Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación969.383 (2021) Editar o valor en Wikidata (17,53 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie55.283 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico, Baía de Fundy, Golfo de San Lourenzo e Estreito de Northumberland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoWhite Hill (en) Traducir (535 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1867 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoParlamentarismo Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Nova Scotia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Premier of Nova Scotia (en) Traducir Editar o valor en WikidataTim Houston (en) Traducir (2021–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoGeneral Assembly of Nova Scotia (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
PIB nominal46.849.000.000 $ (2020) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar canadense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalB Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2CA-NS Editar o valor en Wikidata

Páxina webnovascotia.ca Editar o valor en Wikidata
Facebook: nsgov Twitter: nsgov Youtube: UCTGeDYd32Mio7HVETA6ScWQ Editar o valor en Wikidata

Nova Escocia[1] (en latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia; en escocés: Alba Nuadh; en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental do Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena do Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,[2] faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.

A economía de Nova Escocia estivo tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes diversificouse. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financeiros.

A provincia inclúe varias rexións da nación micmac de Mi'gma'gi, que cobre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terra Nova. Nova Escocia xa era fogar do pobo micmac cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rexión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Novo Brunswick, e a Provincia do Canadá.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo océano Atlántico, incluíndo numerosas baías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao nordés da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie do Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo.

Mapa de Nova Escocia
  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 104. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Canada's population Arquivado 04 de novembro de 2008 en Wayback Machine.. Statistics Canada. Consultado o 28 de setembro de 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]