Debido á actividade tectónica de levantamento, o monte Logan aínda continúa a aumentar a súa altura.[4] Antes de 1992, a altura exacta do monte era descoñecida, e as medidas estaban entre 5959 e 6050 m. En maio de 1992, unha expedición da GSC subiu ao monte e fixou a altura en 5959 m empregando o GPS.[2][5]
As temperaturas no monte Logan e as súas proximidades son extremadamente baixas, chegando a -45 °C no inverno e tendo unha temperatura mediana no verán de -27 °C. O 26 de maio de 1991 rexistrouse unha temperatura non oficial de -77,5 °C.[6]
↑ Roots, Charlie F.; Currie, Lisel D. (1993). "Geodetic and geological observations from the 1992 Mount Logan expedition, Yukon Territory". Paper 93-1A: Current Research, Part A Cordillera and Pacific Margin (Geological Survey of Canada): 22. doi:10.4095/134186.