Organization of American States (en) Organização dos Estados Americanos (pt) Organización de los Estados Americanos (es) Organisation des États américains (fr)
Nome oficial
Organization of American States (en) Organização dos Estados Americanos (pt) Organización de los Estados Americanos (es) Organisation des États américains (fr)
A orixe da Organización dos Estados Americanos remóntase a 1826, cando Simón Bolívar convoca en Panamá un primeiro congreso dos novos países independentes polo que se establece o Tratado de Unión Perpetua. A primeira Conferencia Internacional de Estados Americanos tivo lugar en Washington D. C. entre 1889 e 1890 e creou a Unión Internacional de Repúblicas Americanas, cunha oficina comercial permanente.
Durante a IX Conferencia celebrada na cidade de Bogotá o 30 de abril de 1948, vinte e unha nacións asinaron a Carta Fundacional pola que se establecía a Organización dos Estados Americanos.
A Asemblea Xeral reúnese cada ano. Un consello Permanente composto por un representante de cada Estado está presidido polo país ao que lle toque segundo a orde alfabética dos países en español. Existe un Secretariado Xeral para coordinar as accións de tódolos órganos.