Illa de San Martiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Mapa de localización da illa de San Martín
Datos
Capital Marigot e Philipsburg
País Flag of France.svg Francia
Países Baixos Países Baixos
Linguas
Poboación (2007) 73.397 hab.
Superficie 98 km²
Densidade 749 hab/km²
Concellos
Coordenadas 18°03′0″N 63°03′0″O / 18.05000, -63.05000
Maior Altura 414 m Pic Paradis
Para a illa situada na ría do Barqueiro, vexa Illa de San Martiño, O Vicedo
Para a illa situada no río Iguazú, vexa Illa de San Martín

A Illa de San Martiño (Saint-Martin en francés, Sint Maarten en neerlandés) é unha illa situada no mar Caribe, aproximadamente a 240 km ao leste da illa de Porto Rico. Ten 98 km² de superficie, e en 2009 tiña 77.741 habitantes.

Está dividida territorialmente en dúas metades: a parte sur pertence ás Antillas Neerlandesas (denominada Sint Maarten), mentres que a parte norte é a colectividade de ultramar francesa de Saint Martín, constituída en 2007 logo da súa secesión do departamento de ultramar de Guadalupe.

Colectivamente, ambos os territorios son coñecidos como St. Martin/St. Maarten ou St. Martins. As principais cidades son Marigot, no lado francés, e Philipsburg, no lado neerlandés.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa da illa de San Martín. En verde, zona francesa; en laranxa, zona neerlandesa

A illa foi divisada polo navegante Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493, día de San Martiño de Tours, en honra ao cal chamou á illa.

Os conquistadores holandeses chegaron a esta illa e habitárona desde a década de 1620. España reconquistou a illa en 1633 e fundaron un forte en Punta Branca. Baixo a dominación hispana, foron introducidos os primeiros escravos africanos. Con todo, estes entraron en maior cantidade durante o século XVIII como traballadores nas plantacións de cana de azucre dos franceses.

O 23 de marzo de 1648 foi asinado un acordo para dividir a illa entre os reinos de Francia e de Holanda. Desde ese entón ambos os territorios dependeron doutros territorios de ultramar de potencias estranxeiras. Xa a comezos do século XXI ambos territorios comezaron a esixir unha modificación aos estatutos de goberno. A zona francesa, que era unha comuna do departamento de ultramar de Guadalupe, decidiu escindirse, do mesmo xeito que a próxima illa de Saint-Barthélemy. Tras ser aprobado polo parlamento francés, San-Martín estableceuse como unha colectividade de ultramar o 22 de febreiro de 2007. En tanto, unha reforma importante que sufrirá as Antillas Neerlandesas durante 2007 permitirán que San Martiño teña un estátus similar ao que ostenta actualmente Aruba.

Demografía[editar | editar a fonte]

Vista de Philipsburg, capital de Sint Maarten.

A illa de San Martiño sufriu nos últimos anos un forte incremento demográfico, debido ao forte desenvolvemento do turismo. A inmigración preponderante é de ascendencia haitiana, francesa e dominicana. En 2002 estimábase unha poboación en Saint-Martin de 31.397, mentres en Sint-Maarten era de preto de 42.000 en 2005.

Aínda que os idiomas máis usados son o francés e neerlandés nas súas diversas variantes, mesturadas con dialectos caribeños, tamén está presente o español, cunha estimación de preto de 4.500 hispanoparlantes en toda a illa.

Deporte[editar | editar a fonte]

Os principais deportes practicados son o sóftbol e o béisbol. O fútbol non é moi popular, con todo, ambas as partes da illa posúen seleccións deste deporte. A selección de fútbol de Saint-Martin e a selección de fútbol de Sint Maarten son na actualidade seleccionados asociados á CONCACAF e non pertencen á FIFA, pero probablemente co cambio nos seus estatutos durante 2007 puidesen ter acceso á membresía.[Cómpre referencia]

Transporte[editar | editar a fonte]

Existen dous aeroportos na illa: o Aeroporto Internacional Princesa Xuliana na parte holandesa, e o Aeroporto Grand-Case na francesa. O primeiro dos mencionados aeroportos é único no seu tipo, xa que a cabeceira da pista se atopa xunto á praia e é que numerosas persoas poden observar descender avións de gran porte a escasos metros da súa localización[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

18°04′N 63°03′O / 18.067, -63.050Coordenadas: 18°04′N 63°03′O / 18.067, -63.050

Vista de satélite da illa

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]