Río San Lourenzo
(en) Saint Lawrence River (moe) Wepistukujaw Sipo (mis) Moliantegok (moh) Roiatatokenti (mis) Kahnawáˀkye (alq) Magtogoek (wya) Lada8anna (atj) Micta sipi | |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Lourenzo mártir | ||||
Inicio | |||||
Continente | América do Norte | ||||
País da cunca | Canadá | ||||
División administrativa | Ontario, Canadá e Nova York, Estados Unidos de América | ||||
Localización | Lago Ontario | ||||
Final | |||||
División administrativa | Terra Nova e Labrador, Canadá | ||||
Localización | Golfo de San Lourenzo | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Sillery, norte Lévis, sur | ||||
Composto por | |||||
Afluentes | 167 | ||||
Conca hidrográfica | conca do río San Lourenzo | ||||
Características | |||||
Altitude | 43 m | ||||
Dimensións | 1.197 () km rede de drenagem: 3.058 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.344.200 km² | ||||
Lugar histórico designado | |||||
Data | 15 de xuño de 2017 | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 10.400 m³/s | ||||
O río San Lourenzo (en francés fleuve Saint-Laurent; en inglés Saint Lawrence River; en tuscarora, Kahnawáˀkye;[1] en mohawk, Kaniatarowanenneh, que significa "gran vía navegábel") é un dos principais ríos de Norteamérica, o colector dos Grandes Lagos, que conecta co océano Atlántico, no golfo de San Lourenzo.
No seu primeiro treito forma a fronteira natural entre os Estados Unidos e o Canadá, adentrándose despois en territorio canadense, nas provincias do Quebec e Ontario.
O San Lourenzo é un gran río que discorre polas latitudes medias do continente. Nace no lago Ontario, xunto a Kingston (na provincia de Ontario), para logo pasar polas cidades de Brockville, Cornwall, Montreal, Trois-Rivières e a cidade do Quebec. Desemboca no Atlántico despois de atravesar o homónimo estuario de San Lourenzo, o estuario máis grande do mundo, tras un percorrido de máis de 3 000 km (3 058 km, sendo o segundo río máis longo do Canadá e un dos 25 ríos máis longos do mundo. A súa cabeceira máis afastada é a do río North,[2]
O río forma parte do sistema fluvial do San Lourenzo, que estaría formado pola seguinte sucesión de ríos e lagos: río North – río Saint Louis – lago Superior – río St. Marys – lago Hurón – río Sainte-Claire – lago Sainte-Claire – río Detroit – lago Erie – río Niágara – lago Ontario- río San Lourenzo – estuario de San Lourenzo. O río forma parte tamén da vía navegábel dos Grandes Lagos.
A súa conca hidrográfica —unha boa parte do continente norteamericano, que inclúe toda a rexión dos Grandes Lagos, o maior sistema de lagos de auga doce do mundo e que supón case o 25 % das reservas mundiais totais de auga doce— drena unha área de 1 344 200 km², dos que 839 200 km² se encontran no Canadá e 505.000 km² nos Estados Unidos. A conca comprende parte de das provincias canadenses de Ontario e Quebec e dos estados de Illinois, Indiana, Míchigan, Minnesota, Nova York, Ohio, Pensilvania, Vermont e Wisconsin. O caudal medio na boca é de 9 850 m³/s.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rudes, B. Tuscarora English Dictionary Toronto: University of Toronto Press, 1999.
- ↑ "Saint Lawrence River and Seaway". Encyclopedia Britannica.
- ↑ Natural Resources Canada, Atlas of Canada - Rivers Arquivado 20 de maio de 2006 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río San Lourenzo |