Saltar ao contido

Silvicultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silvicultura
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Estudado por
 Uso
 Medio usado
Implicados
Códigos e identificadores
Freebase/m/03_w88 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2775966360 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 186340 BNE: XX525826
Wikidata C:Commons

A silvicultura (do latín silva, selva, bosque, e cultura, cultivo) é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo. Forman parte do seu campo a arte de crear ou conservar un bosque, e a teoría e a práctica de regular o establecemento dunha masa arbórea, a súa composición e desenvolvemento; para iso apóiase na xeografía, ecoloxía, edafoloxía e climatoloxía entre outras.

A silvicultura é moito máis nova que a agricultura. Os señores feudais de Europa Central comezaron a xestionar os seus bosques na Idade Media, con vistas á caza e ao favorecimiento de árbores especialmente valiosas para, por exemplo, a construción de barcos. A silvicultura como unha disciplina científica non emerxeu ata comezos do século XIX, cando Alemaña e Francia fundaron as primeiras escolas de enxeñaría forestal.

Cortiza amoreada. A sobreira é unha das árbores máis prezadas do bosque mediterráneo.