Terra Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
Terra Nova
Newfoundland
Terre-Neuve (French)
Taqamkuk (Míkmaw)
Talamh an Éisc (Gaelic)
Ikkarumikluak (Inuttitut)
Gander Lake map.png
Localización da illa
Nature's Autumn Palette on Newfoundland's Humber River in 2007.jpg
Situación
País Flag of Canada.svg Canadá
Provincia Terra Nova e Labrador
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 49°00′N 56°00′O / 49.000, -56.000
Xeografía
Xeoloxía Illa continental
Superficie 108.860 km²
Perímetro 9.656
Punto máis alto 814 m. O Cabox
Demografía
Capital San Xoan de Terranova ((200.600 hab.)
Poboación 479.105[1] (2006)

Terra Nova[2][3][4] (Inglés: Newfoundland; Francés: Terre-Neuve; Irlandés: Talamh an Éisc; Latín: Terra Nova) é unha grande illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.

Terranova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.

Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental de Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.

Pequena comunidade pesqueira de Terra Nova

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2006 Statistics Canada National Census". Statistics Canada. 28 de xullo de 2009. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terranovense.
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 122. ISBN 84-9749-199-8. 
  4. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.