Pena Trevinca
Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, cunha altitude oficial de 2.127 m sobre o nivel do mar. É a maior altitude dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galiza [1], e está situado nas coordenadas 42°14′09″N 6°48′00″W / 42.23583°N 6.8°W
Índice |
Características [editar]
O pico de Pena Trevinca é igualmente coñecido co nome de Pena Trevinca Sur, facendo parte dunha serra que rexistra varias altitudes superiores aos 2.000 m, como Pena Negra (2.121 m.), Piatorta, A Valigota, Pena Surbia (2.116 m.) ou Pena Trevinca Norte (2.041 m.).
O 19 de xuño de 2008 o espazo natural foi declarado polo goberno galego Zona de Especial Protección para as Aves [2]. Esta figura de protección abarca un total de 22.510,3 hectáreas repartidas nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga e Viana do Bolo, e baséase, entre outras razóns, na presenza de especies de aves residentes tales como a aguia real (Aquila chrysaetos), a gatafornela (Circus cyaneus), o falcón peregrino (Falco peregrinus), o bufo real (Bufo buffo) ou a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax).