Comarca de Allariz - Maceda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca de Allariz - Maceda
Comarca Allariz Maceda.png
Provincia Provincia de Ourense
Capital Allariz
Área 382,15 km²
Poboación 14.637 hab. (2014)
Densidade 38,3 hab./km²
Concellos Allariz.svg Allariz
Baños de Molgas.svg Baños de Molgas
Maceda.svg Maceda
Paderne de Allariz.svg Paderne de Allariz
Escudo de Xunqueira de Ambia.svg Xunqueira de Ambía
Escudo de Xunqueira de Espadañedo (1997).svg Xunqueira de Espadanedo

A Comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa Comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa Comarca da Limia e ao sueste coa Comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á Comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Concellos da Comarca de Allariz - Maceda

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 14.637 habitantes
Menores de 15 anos 1.381 (9.43 %)
Entre 15 e 64 anos 8.362 (57.13 %)
Maiores de 65 anos 4.894 (33.43 %)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]