Israel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estado de Israel")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
מְדִינַת יִשְׂרָאֵל
Medīnat Yisrā'el

دَوْلَة إِسْرَائِيل
Dawlat Isrā'īl

Estado de Israel
Bandeira de Israel Escudo de Israel
Bandeira Escudo
Himno nacional: Hatikvah
 
ISR orthographic.svg
 
Capital
 • Poboación
Xerusalén1
780.200 (2009)
Cidade máis poboada Xerusalén
Linguas oficiais
Hebreo e árabe
Forma de goberno Democracia parlamentar
Shimon Peres
Benjamin Netanyahu
Independencia
 • Declarada
do Reino Unido
14 de maio de 1948
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 151º
22.072 km²
2%
1.017 km
273 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 97º
8.134.100 (2013 est.)
353,27 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 41º
US$ 245.266 millóns
US$ 32.297
PIB (PPA)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 50º
US$ 235.446 millóns
US$ 31.004
IDH (2010) 0,872 (15º) – Moi Alto
Moeda Novo sheqel (₪, ILS)
Xentilicio Israelí
Fuso horario
 • en verán
IST (UTC+2)
IDT (UTC+3)
Dominio de Internet .il
Prefixo telefónico +972
Prefixo radiofónico 4XA-4XZ, 4ZA-4ZZ
Código ISO 376 / ISR / IL
Membro de: ONU, CPI, COE, OMC, OSCE, FMI

1 Excluíndo os Altos do Golán e Xerusalén Leste.
2 A poboación inclúe a tódolos residentes permanentes en Israel, os Altos do Golán e Xerusalén Leste. Tamén inclúe aos cidadáns israelís que viven en Cisxordania. Exclúe á poboación non israelí de Cisxordania e a Faixa de Gaza.

Tódolos países do mundo

O Estado de Israel (Hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na ribeira oriental do Mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu[1]. A poboación israelí (uns 7,3 millóns de habitantes) é predominantemente xudía (uns cinco millóns e medio) cunha gran porcentaxe non xudeu, comprendendo xentes de orixe árabe musulmá, cristiá, e drusa. As súas fronteiras, segundo as agullas do reloxo e de norte a sur, compárteas con Líbano, Siria, Xordania e Exipto. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do Mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co Mar Morto (mar interior).

Historia[editar | editar a fonte]

Se ben hai datos arqueolóxicos e referencias históricas da existencia dun pobo de Israel dende o século XV a. de C., o estado moderno resulta do proceso de descolonización de Palestina tras a II Guerra Mundial. A comunidade xudía foi medrando dende finais do século XIX coas chamadas aliás (Aliyah), ou "'retorno á terra de Israel'", dentro da ideoloxía sionista, que aspiraba a un Estado independente na súa patria orixinal. Tras a descomposición do Imperio Turco e a implantación do Mandato Británico en 1922 as aspiracións nacionalistas dos xudeus foron parcialmente atendidas coa Declaración Balfour, que garantía un "fogar para o pobo xudeu". Coa chegada do nazismo en Europa a inmigración xudía a Palestina aumentou considerablemente, así como tamén aumentaron os enfrentamentos coa poboación árabe autóctona. O Reino Unido mudou a súa política co chamado 'Libro Branco', e consolidouse ó limitar a inmigración xudía a partir do ano 1939. En 1947, a ONU aproba a resolución pola que se divide Palestina en dous estados un xudeu e outro árabe. O 14 de Maio de 1948, tras a declaración de independencia do estado xudeu (co nome xa de Israel), Iraq, Exipto, Transxordania, Líbano e Siria decláranlle a guerra. Tras o remate da contenda, Israel gaña territorio e Cisxordania e a Faixa de Gaza son ocupadas por Xordania e Exipto respectivamente.

Na súa breve historia moderna leva desenvolto sucesivas guerras contra os seus veciños árabes, con diversas tomas de territorio e é acusado de discriminación polo pobo palestino; por outra banda, o estado de Israel xustifica as súas accións militares como medio de defensa contra o terrorismo árabe. No ano 2003 comezou a construír un valado nos territorios conquistados para protexerse do terrorismo. Esta decisión levantou moita polémica no mundo occidental, de feito, aínda que o nome oficial é Valado de seguridade, é frecuente que se aluda a el coma 'muro da vergoña'.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa capital é Xerusalén. Esta cidade é reclamada pola Autonomía Palestina como capital de Palestina.

Ocupa un territorio alongado de norte a sur na beira do Mediterráneo. De norte a sur son 470 km. Ten unha superficie entre 20.000 e 27.000 quilómetros cadrados segundo as fontes consultadas. A metade sur do país está formada polo deserto do Neguev, onde enxeñeiros agrícolas investigan novas formas de regadío e de contención da desertización.

Capítulo aparte merece o uso da auga. Israel ten contadas fontes de obtención do líquido elemento: o río Xordán, o lago Kineret e poucos ríos pequenos. En 1964 finalizou a construción do Acueduto Nacional, que transporta auga dende o norte fértil ata o semi-árido sur. Este acueduto é fundamental para o desenvolvemento económico israelí e obxectivo dos grupos fundamentalistas.

Política[editar | editar a fonte]

Israel carece dunha Constitución, rixen leis que se van incorporando á lexislación dende a independencia.

Sistema executivo. Presidente -elixido cada cinco anos pola Asemblea-, primeiro ministro -xefe de goberno- e gabinete.

Sistema lexislativo. Asemblea (Knesset), composta por 120 membros elixidos cada catro anos por sufraxio universal.

Sistema xudicial. Tribunal Supremo, tribunais superiores e ordinarios. Asemade hai tribunais relixiosos e militares.

Principais partidos políticos[editar | editar a fonte]

Likud (f.1973), Partido Laborista (f.1968), Kadima, Meretz, Tzomet, Shas, Partido Relixioso Nacional, Xudaísmo Unido da Torah, Partido Democrático Árabe, Moledet, Hadash, e outros.

Demografía[editar | editar a fonte]

Dacordo coa Oficina Central Israelí de Estatísticas, Israel tiña en setembro do 2008, 7.337.000 habitantes, dos que 5.542.000, o 75,5% eran xudeus, 1.477.000 árabes e 318.000 definíanse como ¨outros¨, entre os cales 200.000 son traballadores extranxeiros. Entre os xudeus, o 68% eran Sabras (nados en Israel), a maioría deles de segunda e terceira xeración, e o resto Olim (nados fora do país): 22% de Europa e as américas, e o 10% de Asia e África, incluindo os países árabes.

A poboación israelí e relativamente nova, se se compara cos países occidentais. O 28,4% dos israelís no ano 2007 tiñan menos de catorce anos, cando nos países occidentais a media sitúaas nun 17%. O 9,8% é maior de 65 anos, fronte á media dun 15% nos países desenvolvidos. No tocante á distribución por sexo, por cada 1000 mulleres hai 978 homes.

A meirande parte da poboación xudía vive na parte central do país, sendo a área máis poboada a área metropolitana de Tel Aviv, que concentra un 20,7%, mentres que menos dun 10% dos xudeus teñen a súa residencia no norte. Pola súa banda, un 45% dos árabes viven no norte, onde constitúen o 53% dos habitantes, mentres que un 10 viven no sur do país.

No 2004, 224.200 cidadáns israelís vivían na Cisxordania en numerosos asentamentos israelís, (incluindo vilas como Ma´ale Adummin e Ariel, algunhas comunidades que xa existían antes da Guerra Árabe-Israelí de 1948 e outras que foron reestablecidos despois da Guerra dos Seis Días como Hebrón e Gush Etzion). Ó redor de 180.000 israelís vivían no leste de Xerusalén, e uns 8.500 vivían en asentamentos construídos na Faixa de Gaza, antes de que foran desaloxados no verán do 2005 no plan de desaloxo do goberno israelí.

Linguas[editar | editar a fonte]

Israel ten dúas linguas oficiais: Hebreo e Árabe. O hebreo é a lingua principal do Estado e é falada pola maioría da poboación. O árabe é falado pola minoría Árabe e por algúns membros da comunidade xudía Mizrahi. O Inglés é estudado na escola e é falado pola maioría da poboación como segunda lingua. Outras lingua faladas en Israel son o ruso, o yiddish, o ladino, o romanés, o polaco, o francés, o italiano, o holandés, o alemán, o amhárico e o persa. Os programas populares das televisións europeas e americanas adoitan ser retransmitidas no país, tamén se poden atopar xornais escritos nas devanditas linguas.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Israel.
Distrito financeiro de Gush Dan

A pesares de que os fundadores do moderno estado de Israel procuraran establecer unha utopía de corte socialista no novo país, a realidade foi ben distinta, mantendose a economía cooperativa só nos kibbutz (colonias agrarias autosuficientes). Hoxe en día Israel ten unha economía baseada na liberdade de mercado aínda que con forte inxerencia do goberno.

Importa principalmente, petróleo, materiais industriais e equipamento militar. A pesar da escasez de recursos naturais, Israel mellorou considerablemente nos últimos tempos os seus sectores primarios.

Os principais produtos de exportación son: xoiería transformada, equipamento de alta tecnoloxía e produtos alimenticios.

A metade da débeda exterior israelí é mercada polos Estados Unidos, que é a principal fonte de axuda militar e económica. A economía medrou no 2003 un 1%, no 2004 co aumento da seguridade e maior confianza dos mercados internacionais, a economía medrou un 2.7%.

Límites[editar | editar a fonte]

Ó norte, co Líbano; ó leste, (de norte a sur) con Siria e Xordania. O sur, con Exipto. Ó Oeste, co Mar Mediterráneo. Ten un pequeno contacto no extremo sur co Golfo de Aqaba, no Mar Vermello. Cisxordania e a Faixa de Gaza tamén son territorios adxacentes.

Días festivos[editar | editar a fonte]

Festivos
Data Nome en galego Nome local Datas posibles no calendario gregoriano
1 de Tishrei Ano Novo Rosh Hashaná entre 6 de Set e 5 de Out
10 de Tishrei Día do Perdón Iom Kipur entre 15 de Set e 14 de Out
15 de Tishrei Festa das cabanas Sucot entre 20 de Set e 19 de Out
22 de Tishrei Reunión do Oitavo Día Shemini Atzeret entre 27 de Set e 26 de Out
25 de Kislev Festival das Luces (Primeiro día) Hanuka entre 27 de Nov e 26 de Dec
14 de Adar (15 nalgúns lugares) Carnaval e lembranza da vitoria de Esther Purim entre 25 de Feb e 26 de Mar
15 de Nissan Pascua (Primeiro día) Pessach entre 27 de Mar e 25 de Abr
21 de Nissan Pascua (Sétimo e último día) Pessach entre 2 de Abr e 1 de Mai
27 de Nissan Día de lembranza do Holocausto Yom HaShoah entre 8 de Abr e 7 de Mai
4 de Iar Día de lembranza dos soldados caídos Yom HaZikaron entre 15 de Abr e 14 de Mai
5 de Iar Día da Independencia Yom Ha'atzma'ut entre 16 de Abr e 15 de Mai
6 de Sivan Pentecoste Shavuot entre 16 de Mai e 14 de Xuño

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Israel

Outros artigos[editar | editar a fonte]