Igualada
| Igualada | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Anoia |
| Xeografía | |
| Altitude: | 313 msnm |
| Superficie: | 8,12 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 39.149 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 4.821,31 hab/km² |
| Xentilicio: | Igualadí, igualadina |
| Información | |
| Código postal: | 08700 |
| Alcalde: | Marc Castells i Berzosa (CiU) |
| Sitio na web: | www.igualada.cat |
Igualada é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, capital da comarca do Anoia. O municipio está situado a 67 km de Barcelona, no interior de Cataluña.
A súa principal actividade é a industria (téxtil, papel, pel). Tamén se caracteriza por ter a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España (Ultramagic). Así que Igualada poderíase definir como "a cidade do téxtil, a pel e os globos aerostáticos".
Índice |
Historia [editar]
Inicialmente foi un pequeno núcleo de poboación apuntado en 1003, no que se fai referencia a unha igrexa dedicada a Santa María, relacionada co Mosteiro de Sant Cugat. Igualada quedou circunscrita entre os límites do dominio feudal de Ódena e os señoríos de Montbui e Claramunt, atravesada polo antigo camiño de Barcelona a Lleida.
As primeiras murallas que se coñecen datan, probablemente, do século XII, que se ampliaron no século XIV coa intención de incluír as construcións do sol poñente, o Raval de Capdevila. Unha terceira expansión das murallas levou a cabo no século XV, con 36 torres e 10 portas. Estas murallas permaneceron ata o século XVIII.
Cara a finais do século XVIII edifícanse os barrios de "Sant Agustí" e o da "Soledat" (fora das murallas). E neste mesmo século constrúense as novas curtidurías.
En 1925 Igualada amplía o seu termo municipal comprando os terreos a Òdena, o que lle permitiu unha expansión posterior. A inmigración peninsular, durante o franquismo, provocou a creación de novos barrios obreiros como o de "Fátima", "Santo Cristo" e "Montserrat".
En 1984 aprobouse o Plan Especial de Mellora Urbana (Les Comes), que propiciou un área residencial na zona norte da cidade, aprobándose, en 1988, a súa ampliación. Nos últimos anos a cidade tamén creceu en dirección oeste coa construción das urbanizacións residenciais de Sant Jaume Sesoliveres e o Pla da Massa.
Demografía [editar]
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 10.442 | 13.885 | 16.945 | 27.941 | 31.451 | 32.516 | 38.164 |
Economía [editar]
Tradicionalmente a actividade principal de Igualada foi a industria téxtil, papeleira e de peles. Durante os últimos anos do sécuño XX e inicios do XXI, o sector téxtil padeceu unha gran crise. Con todo, hai empresas de moda que acertaron coa estratexia e adaptáronse aos canvios do sector como Buff, Sita Murt, Punto Blanco, Messcalino ou Escorpión.
A tradición adobeira de Igualada convertiuna nun recoñecido centro de estudios relacionados co curtido e adobe de peles, que actualmente son impartidos na Escola d'Enginyeria d'Igualada, centro universitario público adscrito á Universitat Politècnica de Catalunya. O centro ofrece tamén os graos en Enxeñería química e Enxenaría en Organización industrial.
Lugares de interese [editar]
- Museo da Pel de Igualada e Comarcal do Anoia
- Museo do Traginer
- Igrexa de Santa Maria
- Cemiterio Novo
- Asilo do Sant Crist
- Edificios modernistas
Transporte [editar]
A A-2 é a vía principal situada no norte que comunica Igualada en coche. Tamén no norte está a C-37 que comunica con Manresa. Ao sur atópase a C-15 que comunica con Vilafranca del Penedès. Tamén hai conexión coa Liña Llobregat-Anoia dos Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, coa Estación de Igualada.
A dous quilómetros de Igualada atópase o Aeródromo de Igualada-Òdena General Vives, que se transformará proximamente no Aeroporto Corporativo Empresarial de aviación privada con capacidade para operar con voos de curta, media e longa distancia, na súa maioría en Europa e España. No aeródromo atópase a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España, e a segunda do mundo por cifra de negocios: Ultramagic.
Cidadáns ilustres [editar]
- David Fernández Ortiz, cómico e actor, encarnou a Rodolfo Chikilicuatre.
- Teresa Gimpera, actriz e modelo.
- Diana Gómez, actriz.
- David Padrós, compositor.
- Neus Sánz, actriz.
- Jordi Savall, músico e compositor.
- Xenia Tostado, actriz.
- Joan Vidal Vilanova, músico.
- Montse Gené, periodista.
- Joan Maria Morros, xefe de Informativos da radio.
- Antoni Dalmau, ex-político e escritor.
- Marina Llansana, política, diputada e portavoz de Esquerra Republicana de Catalunya.
- Pere Vives Vich, militar e político.
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial do concello (en catalán)
- Guía urbana da cidade de Igualada (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)