Cabrils
| Cabrils | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Maresme |
| Xeografía | |
| Altitude: | 147 msnm |
| Superficie: | 7,1 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 7.108 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 1.001,13 hab/km² |
| Xentilicio: | Cabrilenc, cabrilenca |
| Información | |
| Código postal: | 08348 |
| Alcalde: | Joaquim Colomer i Godàs (PSC) |
| Sitio na web: | www.cabrils.cat |
Cabrils é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Vilassar de Mar, Vilassar de Dalt, Òrrius, Argentona e Cabrera de Mar, e a uns 10 km de Mataró, capital da comarca.
Índice |
[editar] Historia
O lugar de Cabrils aparece documentado desde 1037, como parte da xurisdición do veciño castelo de Vilassar de Dalt ata o 1820, cando conseguíu ser municipio independente con administración propia.
Eclesiasticamente dependía de Sant Genís de Vilassar ata 1779, cando otorgan a categoría de parroquia á igrexa da Santa Creu.
A poboación foi estacionaria desde o século XIX e ata os anos sesenta, cando a función de veraneo e o aumento da construción de segundas residencias, fixeron crecer notablemente a súa poboación.
[editar] Demografía
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 789 | 777 | 715 | 913 | 1.504 | 4.693 | 6.834 |
[editar] Economía
A economía tradicional de Cabrils baseábase na agricultura (laranxeiras e hortalizas). Actualmente xa non hai laranxas e os cultivos foron desaparecendo, en beneficio da floricultura (caraveles e rosas especialmente). Respecto da industria, a construción é o sector económico máis importante. Desde os anos 80 o crecemento de Cabrils foi notable ata converterse nunha importante poboación residencial. A edificación de urbanizacións residenciais cambiou a paisaxe do municipio aumentando a función comercial e dos servizos, sendo o segundo municipio coa renda per cápita máis alta de Cataluña con 28.300 euros.
[editar] Lugares de interese
- Ermida de Sant Cristòfol
- Torre de Can Vehils
- Ca l'Amat
- Can Carbonell
- Can Vives
- Mas de Baix
- Castelo de Can Jaumar