Castellar del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castellar del Vallès
Flag of Castellar del Vallès.svg Escut de Castellar del Vallès.svg
Situación xeográfica
Localització de Castellar del Vallès respecte del Vallès Occidental.svg
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Vallès Occidental
Xeografía
Altitude 331 msnm
Superficie 44,9 km²
Poboación
Poboación 23.129 hab. (2010)
Densidade 515,12 hab/km²
Xentilicio Castellarenc, castellarenca
Información
Código postal 08211
Alcalde Ignasi Giménez Renom
Páxina web www.ajcastellar.es

Castellar del Vallès é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Vallès Occidental. Sitúase a 7 km de Sabadell e 11 km de Terrassa, as dúas capitais comarcais. Limita cos concellos de Sant Llorenç Savall, Matadepera, Terrassa, Sabadell e Sentmenat. O seu código postal é 08211.

O concello ten unha extensión de 44,9 km² e unha poboación de 20.579 habitantes distribuídos en varios núcleos. A densidade de poboación é de 429,3 hab./km². O principal destes núcleos, Castellar del Vallès, concentra o 80% da poboación, e o resto distribúense entre o núcleo agregado de Sant Feliu del Racó, varias urbanizacións e massos diseminados.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista xeral de Castellar del Vallès.

Os primeiros indicios de asentamentos humanos son do 7000 a.C. Existe así mesmo evidencia de actividade agrícola no neolítico, sobre o 5000 a.C. Confírmase a continuación de presenza humana no termo municipal con posteridade, por unha pequena necrópole da idade de ferro, formada por unha vintena de urnas funerarias datadas no século VII aC, que foron localizadas no Pla da Bruguera.

No 2005 con motivo da remodelación do centro de Castellar xurdiron achados arqueolóxicos que confirman a presenza dunha cidade de época romana tardía, con restos funerarios e outros relacionados con actividade agrícola, nos séculos IV e V, posteriormente substituída por un asentamento visigótico nos séculos VI ao VIII.

Unha parte do poboado orixinal de Castellar Vell, escavado entre 1995 e 2001 foi datado en época carolinxia, entre os anos 800 e 1000. Neste mesmo lugar, localizouse e escavou un cemiterio con 250 enterramentos dos séculos XI, XII e XIII, así como outros achados que permiten afirmar que houbo actividade humana ata o seu abandono no século XVIII.

O pobo estivo tradicionalmente ligado aos marqueses de Castellar, que na actualidade residen en Barcelona.

Demografía[editar | editar a fonte]

O municipio está formado por oito entidades de poboación: Aire-sol, les Arenes, el Balcó de Sant Llorenç, Can Font i Ca n'Avellaneda, Castellar del Vallès, els Fruiters i la Virreina, el Pla de la Bruguera e Sant Feliu del Racó.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
3.511 3.913 3.929 7.683 10.934 17.444 23.129

Economía[editar | editar a fonte]

Actividade agrícola e riqueza ecolóxica dos arredores de Castellar del Vallès.

Tradicionalmente foi a agricultura a principal fonte económica de Castellar del Vallès. Baseábase en cultivos mediterráneos típicos (vide, oliveira, trigo, froitos secos) complementados por produtos da horta. Nalgún momento introdúcese o cultivo de fibras vexetais condicionado pola aparición das primeiras manufacturas na marxe do río Ripoll a partir da idade media (liño e cáñamo).

A partir do século XIX empeza un proceso imparable de industrialización aproveitando a forza da auga do Ripoll, primeiro manufacturas da la, logo de algodón e así ata o século XX en que o desenvolvemento industrial vai convertendo as terras de cultivo en zonas edificadas ou polígonos industriais, deixando á agricultura como actividade económica residual. Xorde un sector terciario cada vez máis importante, convertendo a economía de Castellar na típica dunha sociedade postindustrial.

O desenvolvemento industrial de Castellar del Vallès estivo moi unido ao da empresa téxtil Tolrà, tanto polo número de postos de traballo como polas contribucións de mecenado desta familia á localidade. O municipio conta con dous polígonos industriais onde traballan 5.000 persoas (pódense destacar as empresas do sector metalúrgico e da madeira). Outro sector importante é o dos servizos.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Igrexa de Sant Esteve.

Como patrimonio podemos destacar alguns edificios relixiosos como:

  • Igrexa de Sant Esteve
  • Igrexa de Sant Feliu
  • Capela de Montserrat
  • Ermida de Can Sant Pere
  • Igrexa do Puig de la Creu
  • Ermida das Arenes

Tamén cabe destacar:

  • Castelo de Clasquerí
  • Palacio Tolrà
  • A ponte vella, construída na época romana
  • Torre Balada
  • Can Turuguet

Transporte[editar | editar a fonte]

Castellar está comunicada por dúas estradas: a C-1415a, que une a poboación con Sentmenat e Matadepera, e a B-124, seguindo a antiga vía romana, que a une con Sabadell e Sant Llorenç Savall. O transporte público componse actualmente de liñas regulares de autobuses. Existe unha liña da compañía Sagalés que fai o transporte regular ata Senmanat. As outras liñas están cubertas pola compañía Sarbus, concretamente tres línias de transporte urbano (C4, C5 e C6), e as liñas de Sabadell (C1) e Sant Llorenç (C3), popularmente coñecidas como La Vallesana debido ao nome da compañía que antigamente cubría o traxecto.

Castellar estivo tradicionalmente mal comunicada coas poboacións lindeiras e especialmente coas cabeceiras de comarca. O gran desenvolvemento económico e poboacional experimentado pola localidade, deixou insuficientes as comunicacións por estrada con Sentmenat, Terrassa e Sabadell. É posible que esta situación poida mellorar proximamente coa construción da rolda oeste de Sabadell, e o eixo do Ripoll, o que permitiría a moitos castellarenses non ter que pasar polo centro de Sabadell para dirixirse a Barcelona ou Terrassa.

Tamén parece tomar cada vez máis corpo a idea da chegada dunha liña de tren dos Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya ata a localidade.

Castellarencs ilustres[editar | editar a fonte]

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

Castellar del Vallès está irmandado con cinco municipios:

O irmandamento cos tres municipios cataláns foi motivado polo feito de compartir o topónimo, a partir dunha iniciativa de principios dos 90, entre 1998 e 2000 enlazáronse os 4 municipios cataláns mediante camiños a pé. O irmandamento co municipio de Lahiguera foi motivado polo feito de que hai moitos inmigrantes desa localidade chegados durante os anos 50 e 70.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castellar del Vallès Modificar a ligazón no Wikidata