Sant Quirze del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sant Quirze del Vallès
Escut de Sant Quirze del Vallès.svg
Situación xeográfica
Localización de Sant Quirze del Vallès na comarca do Vallès Occidental
Localización da comarca en CataluñaLocalización de Cataluña en España
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Vallès Occidental
Xeografía
Altitude 188 msnm
Superficie 14,27 km²
Poboación
Poboación 18.702 hab. (2010)
Densidade 1.335,86 hab/km²
Xentilicio Santquirzenc, santquirzenca
Quirzetenc, quirzetenca
Información
Código postal 08192
Alcalde Montserrat Mundi (CiU)
Páxina web www.santquirzevalles.cat

Sant Quirze del Vallès é un municipio pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Occidental, en Cataluña. A localidade está situada a 25 km de Barcelona e limita con outras grandes cidades como Sabadell, Rubí, Terrassa ou Sant Cugat del Vallès.

Historia[editar | editar a fonte]

Atopáronse importantes restos arqueolóxicos dentro do termo municipal que demostran a presenza humana na zona desde o neolítico, fai 6.000 anos. Probablemente estas primeiras sociedades establecésense neste lugar aproveitando os recursos naturais e o relevo suave do terreo, propicio para a agricultura e a gandería.

A orixe de Sant Quirze como pobo se remonta na Idade Media, en principio cunha poboación diseminada en masías e vilas, e máis tarde a construción de casas ao redor da parroquia. Nese tempo a parroquia e o territorio que o rodeaba dependían do castelo de Terrassa.

A economía do municipio baseouse tradicionalmente na agricultura, especialmente no cultivo da vide realizado nas distintas masías dispersas por todo o termo, existentes ata fai ben pouco. Hoxe en día aínda é posible atopar algunhas que sobreviviron o paso do tempo, como Can Feliu, Can Barra ou Can Vinyals.

A comezos do século XX, a súa poboación compaxinaba o traballo nas fábricas das cidades veciñas co cultivo da terra. A proximidade da cidade de Sabadell, a construción da estación do ferrocarril e o asentamento progresivo de diferente industrias nos arredores do municipio, provocaron un cambio na actividade agrícola. Desde finais dos setenta, Sant Quirze experimentará unha notable expansión e incremento da poboación coa construción de urbanizacións talles como Vallès Parc, Sant Quirze Jardí ou Mas Duran, e coa chegada de familias novas procedentes na súa maioría de Barcelona. Actualmente, Sant Quirze é un municipio de servizos e fundamentalmente residencial.

Demografía[editar | editar a fonte]

Sant Quirze del Vallès. Gráfica de poboación. 1900-2006

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial
  • Sant Feliuet de Vilamilans: pequeno templo prerrománico dunha nave con planta en cruz e tres ábsidas. Aparece nos documentos desde finais do século X.
  • Igrexa de Sant Quirze e Santa Julieta: consagrada en 1050 polo bispo de Barcelona, foi remodelada no século XVII.
  • La Patronal: edificio de estilo modernista edificado en 1922. Durante os seus primeiros anos foi punto de encontro da xente acomodada da localidade.
  • Cooperativa Agrícola: edificio modernista de 1927, punto de encontro da clase traballadora do pobo.
  • Torre Julià: casa modernista no barrio de Les Fonts.
  • Casa de Cultura Vila-Puig: casa natal do pintor Joan Vila-Puig, rehabilitada en 2002.

Festividades[editar | editar a fonte]

  • Pase de San Antonio, en xaneiro.
  • Carnaval
  • Aplec del Mussol
  • Festas patronais de Sant Quirze e Santa Julieta, o 16 de xuño.
  • Festa maior, en setembro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sant Quirze del Vallès