Mollet del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mollet del Vallès
Escut de Mollet del Vallès.svg Mollet del Vallès Spain.svg
Situación xeográfica
Localització de Mollet del Vallès respecte del Vallès Oriental.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Vallès Oriental
Xeografía
Altitude: 65 msnm
Superficie: 10,8 km²
Poboación
Poboación total: 52.459 hab. (2010)
Densidade de poboación: 4.857,31 hab/km²
Xentilicio: Molletà, molletana
Información
Código postal: 08100
Alcalde: Josep Monràs i Galindo (PSC)
Sitio na web: www.molletvalles.cat

Mollet del Vallès, antes coñecido como Mollet a secas, é un municipio da comarca do Vallès Oriental, na provincia de Barcelona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

Índice

Historia [editar]

Vista xeral do concello.

No termo de Mollet realizáronse diversos achados arqueolóxicos, algún de gran importancia, que testifican a antigüidade da súa poboación, pero as primeiras referencias escritas coñecidas de Mollet del Vallès como núcleo habitado son do século X. En dous documentos do ano 993 xa aparece mencionado o nome de Mollet, transcrito como Moledo, e a igrexa de San Vicente, que aínda conserva o campanario medieval.

Entre os séculos XII e XIV, Mollet pertenceu á sede episcopal de Barcelona e os seus habitantes eran súbditos do bispo. No ano 1393, Mollet pasou a depender directamente da coroa e converteuse en "rúa" de Barcelona, con representante no Consell de Cent desa cidade. Isto supuxo unha prosperidade para o pobo e un reforzamento da organización colectiva, que quedaba definida polo batlle (alcalde), a curia e os sindicatos.

A vitalidade da comunidade fíxose evidente no século XV coa edificación da igrexa de San Vicente. O edificio foi destruído durante a guerra civil española, con excepción do campanario, que conserva o basamento románico.

Mollet viviu, como o resto do territorio, todos os feitos importantes da historia catalá e peninsular. Hai que destacar, entre as accións bélicas, a batalla que as tropas españolas gañaron ao invasor francés nas proximidades do pobo en 1810 e o bombardeo do centro da cidade (Quatre Cantons) pola aviación franquista en 1938, que causou mortos e feridos.

Actualmente está emprazada no municipio o Instituto de Seguridade Pública de Cataluña, onde se preparan os axentes da policía local e autonómica coñecidos como Mossos d'Esquadra.

Demografía [editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
2.130 5.527 6.614 20.212 35.494 46.204 52.484

Lugares de interese [editar]

Casa do concello de Mollet del Vallès
Museo Abelló
  • Parc dels colors
  • Igrexa Parroquial de Sant Vicenç
  • Igrexa de Santa María de Gallecs
  • Les Rambles
  • Casa do Concello
  • Masia de Can Borrell
  • Masia de Can Lledó
  • Masia Can Mulà
  • Masia de Can Pacià
  • Masies de Can Pantiquet e Can Flequer

Cidadáns ilustres [editar]

Localidades irmandadas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: