Olesa de Montserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olesa de Montserrat
Escut d'Olesa de Montserrat.svg
Situación xeográfica
Localització d'Olesa de Montserrat respecte del Baix Llobregat.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Baix Llobregat
Xeografía
Altitude: 124 msnm
Superficie: 16,63 km²
Poboación
Poboación total: 23.646 hab. (2010)
Densidade de poboación: 1.421,89 hab/km²
Xentilicio: Olesà, olesana
Información
Código postal: 08640
Alcalde: Salvador Prat Asensio
Sitio na web: www.olesam.org

Olesa de Montserrat é un concello da provincia de Barcelona, Cataluña, situado na comarca do Baix Llobregat e por onde pasa o río Llobregat.

Índice

Xeografía[editar]

Vista de Olesa de Montserrat.

O termo municipal está rodeado por catro pobos: ao norte, Vacarisses; ao leste, Viladecavalls; o río Llobregat divide Esparreguera no poñente; e ao sur, Abrera. A súa extensión é de 16,75 km² destes, 2,752 km² corresponden ao solo urbano e industrial. Contaba cunha poboación de 22.914 habitantes en 2008.

Dada a súa situación xeográfica e a súa altitude, Olesa atópase dentro do que se denomina clima mediterráneo, caracterizado por invernos moderados e veráns non excesivamente calorosos. No inverno as temperaturas oscilan en 5°C e 6ªC. O verán é seco cunha temperatura media de 24°C. A media de precipitacións anuais oscila entre 500 e 600 L/m².

Demografía[editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
3.554 5.621 6.102 10.092 13.788 17.151 23.646

Cultura[editar]

Olesa caracterízase pola súa produción artesanal de aceite de oliva e téxtil, e polas representacións teatrais protagonizadas por actores amateurs, veciños do concello, de La Passió d'Olesa de Montserrat durante a Semana Santa que narra os últimos días da vida de Xesucristo.

Localidades irmandadas[editar]

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: