Manlleu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manlleu
Escut de Manlleu.svg
Situación xeográfica
Localització de Manlleu respecte d'Osona.svg
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Osona
Xeografía
Altitude 460 msnm
Superficie 17,20 km²
Poboación
Poboación 20.450 hab. (2010)
Densidade 1.188,95 hab/km²
Xentilicio Manlleuenc, manlleuenca
Información
Código postal 08328
Alcalde Pere Prat
Páxina web www.manlleu.cat

Manlleu é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Pertence á comarca de Osona. Ten unha poboación de máis de 20.000 habitantes e unha superfície de 17,2 km².

O río Ter definiu os límites da paisaxe do término así como o seu desenvolvemento urbano.

A creación do Canal industrial de Manlleu entre os anos 1841 e 1848 impulsou o inicio do desenvolvemento económico da comarca. A actividade industrial, que ocupa preto dun 60% da poboación activa, forxou a personalidade da poboación durante máis de 150 anos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
5.823 6.547 7.294 13.169 15.904 17.520 20.450

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura e a gandería perderon hoxe a importancia que tiveron noutras épocas. O sector principal da economía é o industrial, moi diversificado (metalúrxica, alimentaria, química...). A industria téxtil, que foi a actividade básica nos séculos XIX e XX, desapareceu co peche nas décadas de 1980 e 1990 das grandes fábricas de fiaturas.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa románica de Santa María
  • Ponte de Can Molas sobre o Ter
  • Praza porticada de Fra Bernardí
  • Ermida de San Xaime
  • Santuario de Puig-agut
  • Igrexa románica de Sant Julià de Vilamirosa
  • Igrexa románica de Vilacetrú
  • Museo Industrial do Ter
  • Museo Municipal de Manlleu
  • Cau Faluga
  • Passeig del Ter

Cidadáns ilustres[editar | editar a fonte]

Non nacidos en Manlleu, pero con raíces nela:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manlleu