Folgueroles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folgueroles
Escut de Folgueroles.svg
Situación xeográfica
Localització de Folgueroles respecte d'Osona.svg
País España España
Comunidade Autónoma Flag of Catalonia.svg Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Osona
Xeografía
Altitude 552 msnm
Superficie 10,5 km²
Poboación
Poboación 2.216 hab. (2010)
Densidade 211,05 hab/km²
Xentilicio Folguerolenc/a
Información
Código postal 08519
Alcalde Carles Baronet (IF)
Páxina web www.folgueroles.cat

Folgueroles é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros vestixios humanos datan da época calcolítica ou eneolítica (2100-1500 a.C.), tamén coñecida como Idade de Bronce. Unha notable testemuña da súa presenza atópase no monte Sant Jordi, onde está o dolmen de Puigseslloses, enterramento en sepulcro megalítico. É por iso que en 1477 foi construída a capela de Sant Jordi nesa zona, que foi reconstruída e ampliada en 1833.

Do período protohistórico, excaváronse os restos do poboado fortificado do Casol de Puigcastellet, construído e habitado polos ausetanos, antigo pobo ibérico, durante o século III a.C., situado nos primeiros montes que marcan o límite entre a Plana de Vic e as Guilleries. A fortaleza está formada por unha muralla de 64 metros de longo e 3 de largo construída en pedra seca. Na parte maziza atopamos unha torre cuadrangular encostada.

O municipio foi repoblado durante a Alta Idade Media ao redor da igrexa de Santa María, xa documentada desde o 967. O núcleo do pobo constituíuse a partir de finais do século XVI. Durante o século XVIII creáronse os barrios da Ricardera e o Carrer de la Font.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006 2008
735 996 918 977 1010 1065 1.983 2.154

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folgueroles