Ripollet
| Ripollet | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Vallès Occidental |
| Xeografía | |
| Altitude: | 79 msnm |
| Superficie: | 4,3 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 37.151 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 8.639,77 hab/km² |
| Xentilicio: | Ripolletenc, ripolletenca |
| Información | |
| Código postal: | 08760 |
| Alcalde: | Juan Parralejo Aragoneses (PSC) |
| Sitio na web: | www.ripollet.cat |
Ripollet é un municipio situado na comarca catalá do Vallès Occidental, forma parte do área metropolitana de Barcelona. O municipio, cunha extensión de 4,39 km², ten un total de 37.151 habitantes. A densidade de poboación é de 8.639,77 habitantes por quilómetro cadrado. Está a unha distancia de 10 km de Barcelona.
Índice |
Xeografía [editar]
O municipio de Ripollet está situado dentro da Depresión Prelitoral Catalá. Limita ao norte co municipio de Barberà del Vallès, ao leste e sur con Montcada i Reixac, e ao oeste con Cerdanyola del Vallès. Por este municipio pasa o río Ripoll que nace no Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac.
Demografía [editar]
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.501 | 3.324 | 3.736 | 20.197 | 26.009 | 29.877 | 35.427 |
Lugares de interese [editar]
A igrexa de Sant Esteve é o símbolo máis representativo de Ripollet. Está construída sobre estructuras románicas e hai constancia da súa existencia desde o ano 986.
Destaca tamén en Ripollet o muíño Molí d'en Rata.
Cidadáns ilustres [editar]
- Josep Maria Brull, escultor e maestro.
- Joan Creus, ex xogador de baloncesto.
- Emma Maleras, bailarina e coreógrafa.
- Aleix Saló, debuxante.
Cidades irmandadas [editar]
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web do concello (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)