Pineda de Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pineda de Mar
Escut de Pineda de Mar.svg
Situación xeográfica
Localització de Pineda de Mar respecte del Maresme.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Maresme
Xeografía
Altitude: 10 msnm
Superficie: 10,77 km²
Poboación
Poboación total: 25.893 hab. (2010)
Densidade de poboación: 2.404,18 hab/km²
Xentilicio: Pinedenc, pinedenca
Información
Código postal: 08397
Alcalde: Xavier Amor i Martín (PSC)
Sitio na web: www.pinedademar.org

Pineda de Mar é un municipio catalán, pertencente á provincia de Barcelona, localizado na comarca do Maresme. Pineda de Mar está situado entre os municipios de Calella e Tordera ao oeste, Santa Susanna ao norleste e o Mar Mediterráneo ao sur. O 10% do termo municipal forma parte do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.

Índice

Situación[editar]

Praia de Pineda de Mar

Pineda ábrese camiño cando termina Calella e despídese nunha zona de hortos onde comeza Santa Susanna. O seu paseo do Mar, paralelo á vía do tren, é moi coñecido. Antes, Pineda tamén se recoñecía moi facilmente debido ao bosque denso e frondoso de aciñeiras e alcornoques que tiña. Hoxe, a fonte do Boter, mantén a riqueza nun espazo natural especialmente creado para iso, pero a virginidad dos campos e dos bosques de antes, perdeuse entre a multitude de residencias que agora hai e as ganas de converter o municipio de pasada para algúns e de estancia para moitos outros.

Demografía[editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
1.807 3.275 3.188 7.776 11.739 20.057 25.893

Economía[editar]

Durante a idade media as árbores foron desaparecendo e os cultivos foron gañando espazo. Isto fixo que antigamente a agricultura e a pesca desenvolvésense moito. Antes a agricultura e a pesca e agora o sector turístico foron a base económica de Pineda de Mar.

Normalmente como sede de segundas residencias e ás veces como cidade dormitorio. Pineda sitúase entre os municipios máis solicitados para ter unha propiedade. As praias son atractivas e a gran cantidade de piñeiros, alcornoques e maleza tamén colaboran á hora de endulzar a paisaxe.

Pineda, é a cidade mais grande do Alt Maresme e a terceira en todo o Maresme.

Transporte[editar]

A estrada N-II e a liña ferroviaria do Maresme (liña 1 de Rodalies Renfe) cruzan a poboación.

Cidades irmandadas[editar]

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: