Manresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manresa
Escut de Manresa.svg Bandera de Manresa fosca.PNG
Situación xeográfica
Localització de Manresa respecte del Bages.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Bages
Xeografía
Altitude: 238 msnm
Superficie: 41,66 km²
Poboación
Poboación total: 76.209 hab. (2010)
Densidade de poboación: 1.829,31 hab/km²
Xentilicio: Manresà, manresana
Información
Código postal: 08241-08243
Alcalde: Valentí Junyent (CiU)
Sitio na web: www.ajmanresa.cat

Manresa é unha cidade catalá da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Bages, da que é capital. Está situada no centro de Catalunya, a uns 60 km da cidade de Barcelona, marcando límite entre unha contorna industrial ao sur, e rural ao norte.

Está situada nun ángulo no que uns quilómetros máis ao sur, confluirán os ríos Llobregat e Cardener. É un importante nó de comunicacións, en especial co Eixe do Llobregat e o Eixe Transversal.

Manresa ten industrias de tecidos, fiados, química, maquinaria. Nas últimas décadas substituíu a industria polo comercio. É unha cidade cun interesante conxunto medieval, coas súas pontes sobre o río Cardener e a súa igrexa de estilo gótico (chamada Seo, en catalán Seu). Ademais tamén podemos atopar igrexas de estilo barroco así como interesantes edificacións modernistas.

Índice

Xeografía [editar]

A montaña de Montserrat desde Manresa

Manresa está situada no centro de Cataluña. O río Cardener pasa polo suroeste da cidade, con todo o municipio utiliza, para beber, a auga do río Llobregat, que pasa polo límite leste do termo. A auga é recollida ao seu paso por Balsareny e transportada a Manresa por unha canle ata o Parque de l'Agulla.

A orografía urbana está claramente marcada pola existencia de varios cerros (Puigcardener, Puigmercadal, Puigterrà, Puigberenguer e Tossal dels Cigalons).

O territorio, dentro da conca de erosión do centro da comarca, está rodeado por unha serie de cerros marxinais de pouca elevación (Collbaix, 544 msnm; Bufalvent, 387 msnm; Montlleó, 361 msnm).

Demografía [editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
23.252 32.151 40.452 57.846 67.014 63.742 71.772

Economía [editar]

Josep Pla escribiu: Manresa as fábricas confúndense cos conventos, e os conventos coas fábricas. Ambas as cousas xa forman parte da historia.

A pesar de que as actividades industriais e servizos son os máis destacables, o sector primario non está totalmente marxinado. O regadío, que aproveita a auga da histórica canle de Manresa, dedícase, especialmente, ás verduras, legumes e froita, como tamén aos cereais, trigo, millo, patacas e forraxe. No secaño predominan os cereais e a forraxe. A gandería céntrase, especialmente, na produción do porco e bovino. A tradición industrial remóntase aos séculos medievais.

O sector terciario é moi importante, como corresponde a unha capital de comarca das súas dimensións.

A súa condición de núcleo radial de vías de comunicación é un factor relevante na actividade comercial de Manresa.

Lugares de interese [editar]

La Seu de Manresa
A Cova de Sant Ignasi de Loiola
  • A ruta Medieval:
  • A ruta Barroca:
    • O Palacio de Xustiza
    • O Concello
    • Ca l'Oller
    • A Capela do Rapte
    • A Capela de Sant Ignasi Malalt
  • A ruta Modernista;
    • Cal Jorba
    • O Casino de Manresa
    • Casa Lluvià
    • Casa Torrents (La Buresa)
    • Convento de Santa Clara
    • Museo da Técnica

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: