Alella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alella
Escut d'Alella.svg
Situación xeográfica
Localització d'Alella respecte del Maresme.svg
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Maresme
Xeografía
Altitude 90 msnm
Superficie 9,59 km²
Poboación
Poboación 9.557 hab. (2010)
Densidade 996,56 hab/km²
Xentilicio Alellenc, alellenca
Información
Código postal 08328
Alcalde Andreu Francisco Roger (ERC)
Páxina web www.ajalella.org

Alella é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada nunha zona montañosa, a uns 2 quilómetros do mar e a uns 9 quilómetros de Barcelona.

Historia[editar | editar a fonte]

O actual municipio de Alella atópase documentado, por primeira vez, no ano 975. A segunda cita histórica é de 980 na que se lle cita como Alela e Elella. Sempre estivo baixo a xurisdición do condado de Barcelona aínda que os dereitos foron cedidos en varias ocasións.

Masía de Can Lleonard

Existiron os señores da Casa de Alella que posuían diversas masías e terra, ademais de gozar do usufructo dunha terceira parte dos diezmos da parroquia. Os primeiros en gozar destas condicións foron a familia Banyeres, segundo documentos do século XIII. A partir do século XIV e durante máis de dous séculos, os dereitos foron para os Desplà, liñaxe familiar que deu algúns nomes importantes como o de Joan Desplà, conselleiro de Martín o Humano.

Os dereitos pasaron en 1528 á familia Gralla; a finais do século XVI á familia Montcada ata que en 1670 adquiriunas Joan B. de Mata. A mediados do século XIX os dereitos foron comprados por Bonaventura de Fabra i Gil. En 1889 concedéuselle o marquesado de Alella ao industrial Camil Fabra i Fontanills.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
1.370 1.597 1.673 2.300 3.386 8.413 9.013

Cultura[editar | editar a fonte]

Monumentos[editar | editar a fonte]

Igrexa de Sant Feliu

A igrexa parroquial está dedicada a San Félix de Xirona (Sant Feliu). Foi construída sobre unha primitiva construción románica da que aínda se conservan os primeiros corpos do campanario con arcuaciones lombardas. No século XV realizouse unha primeira ampliación á que corresponden o presbiterio. A fachada corresponde á segunda ampliación, levada a cabo en 1611. É de estilo renacentista. Antoni Gaudí realizou un proxecto para a capela do Santísimo que non se chegou a desenvolver. No arquivo parroquial consérvase o bosquexo orixinal.

As campás da torre proceden da antiga torre do Vicerrei Amat e foron fabricadas en Lima. Aínda que se gardaron diversas pezas de valor no interior do templo, desapareceron en 1936. Este é o caso dun retablo de 1512 realizado por Pere Torrent. No ábsida da igrexa atópase un ronsel en memoria de Gaudí quen pasou longas estancias nesta poboación.

Nos arredores de Alella atópanse interesantes masías, algunhas do século XIV.

Festividades[editar | editar a fonte]

Celebra a súa festa maior o 1 de agosto, día de San Félix. En setembro celébrase a festa da vendima con mostras de viños e actividades populares. O segundo domingo do mes de xuño ten lugar o aplec de l'arròs, día no que se realiza un concurso gastronómico de arroces.

Alellencs ilustres[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura de Alella baséase, principalmente, na produción vinícola. Hai unha importante produción de viño, preferentemente branco, con denominación de orixe propia. A Cooperativa Alella Vinícola, fundada en 1906, é a principal produtora e foi unha das primeiras adegas cooperativas de Cataluña. O viño da Denominación de Orixe Alella procede das viñas cultivadas na propia localidade de Alella, e tamén dos termos municipais veciños de Tiana, Montgat, El Masnou, Teià, e outros. Cultívanse tamén flores ornamentais, principalmente rosas e caraveis. Nos últimos anos creceu moito como centro residencial debido á súa proximidade respecto de Barcelona.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alella