Sabadell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sabadell
Escut de Sabadell.svg Flag of Sabadell.svg
Situación xeográfica
Localització de Sabadell respecte del Vallès Occidental.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Vallès Occidental
Xeografía
Altitude: 190 msnm
Superficie: 37,89 km²
Poboación
Poboación total: 207.338 hab. (2010)
Densidade de poboación: 5.472,1 hab/km²
Xentilicio: Sabadellenc, sabadellenca
Información
Código postal: 08200-08208 e 08802-08805
Alcalde: Manuel Bustos Garrido (PSC)
Sitio na web: www.sabadell.es
Parque de Cataluña.

Sabadell é un concello e cidade española da provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña. Tamén é a capital, xuntamente con Terrassa, da comarca do Vallès Occidental.

Con 207.338 habitantes é a quinta cidade catalá en poboación, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona e Terrassa.

Índice

Xeografía [editar]

Sabadell está sita a uns 20, 6 km ao noroeste de Barcelona, no centro da comarca, xunto ao río Ripoll. Limita ao norte con Castellar del Vallès e Sentmenat, ao leste con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oeste con Polinyà e Santa Perpètua de Mogoda e ao sur con Barberà del Vallès, Badia del Vallès e Cerdanyola del Vallès.

Historia [editar]

A poboación naceu ó redor da capela de Sant Salvador d'Arraona no século XII. Con todo, a época dourada de Sabadell chegou no século XIX co desenvolvemento económico entorno ó sector téxtil. Grazas a este desenvolvemento Sabadell acadou o título de cidade no 1877.

Demografía [editar]

A inmigración, potenciada sobre todo pola expansión industrial de Sabadell, provocou aumentos notables da poboación nas últimas décadas. O máis notable comezou nos anos 1950 e durou ata finais dos 70, cando se triplicou a poboación da cidade. A maioría dos inmigrantes procedían de diferentes zonas de España, especialmente de Andalucía, Estremadura e Murcia. A poboación da cidade aumentou tamén en varios miles os últimos anos, co aumento da inmigración extracomunitaria a Cataluña.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
23.294 45.607 59.494 159.408 184.943 183.727 203.969

Entidades [editar]

Sabadell está formado por cinco entidades de poboación:

  • Sabadell.
  • San Nicolau.
  • La Salut.
  • Berard.
  • Togores.

Edificios e obras salientables [editar]

  • Casa da Vila.
  • Igrexa de Sant Feliu: obra do arquitecto Enric Sagnier i Vilavecchia (1858-1931).
  • Monumento a Sallarès i Pla: obra do escultor Josep Clarà (1878-1958).
  • Sé da Caixa d'Estalvis de Sabadell: obra do arquitecto Jeroni Martorell (1877-1951).
  • Torre de l'Aigua.

Cidadáns ilustres [editar]

Localidades irmandadas [editar]

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: