Sant Boi de Llobregat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sant Boi de Llobregat
Escut de Sant Boi de Llobregat.svg Flag of Sant Boi de Llobregat.svg
Situación xeográfica
Localització de Sant Boi de Llobregat respecte del Baix Llobregat.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Baix Llobregat
Xeografía
Altitude: 30 msnm
Superficie: 21,48 km²
Poboación
Poboación total: 82.411 hab.
Densidade de poboación: 3.836,64 hab/km²
Xentilicio: Santboià, santboiana
Información
Código postal:
Alcalde: Jaume Bosch i Pugès (PSC-PSOE)
Sitio na web: www.santboi.cat

Sant Boi de Llobregat é un municipio e cidade española da Barcelona, en Cataluña. Pertence á comarca do Baix Llobregat e forma parte da área metropolitana de Barcelona.

Índice

Xeografía [editar]

Situado no Delta do Llobregat, limita cos municipios de Santa Coloma de Cervelló ao norte, Sant Joan Despí ao norleste, Cornellà de Llobregat ao leste, El Prat de Llobregat polo sur, Viladecans ao suroeste, e Sant Climent de Llobregat polo oeste.

Respecto á contorna natural, o territorio é bañado polas augas do río Llobregat e, a pesar de atoparse na chaira conformada polo delta destaca a montaña de Sant Ramon (293 m) e, sobre todo, Can Cartró (338 m), onde se acha o punto máis elevado do municipio, así como a Muntanyeta (72 m), que se atopa no medio da zona urbana, aínda que mantén a súa vexetación (principalmente de piñeiros) e un monte próximo ao río, lugar no que se atopaba un castelo desde o cal os musulmáns controlaron a zona na Idade Media.

Demografía [editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
5.311 8.867 10.811 50.051 74.550 79.337 84.530

Barrios [editar]

  • Barri Centre
  • Camps Blancs
  • Casablanca
  • Ciutat Cooperativa-Molí Nou
  • Marianao
  • Vinyets-Molí Vell

Economía [editar]

Actualmente, o sector económico predominante é o terciario. Aínda que ten varios polígonos industriais na A-16 e entre a A-16 e o aeroporto, o sector primario ten unha presenza medianamente relevante. O máis característico produto local son as alcachofas, que teñen denominación de orixe "Sant Boi". Tamén os polos criados na localidade entran na denominación de orixe de El Prat.

Lugares de interese [editar]

  • Ermida de Sant Ramon
  • Igrexa de Sant Baldiri
  • Museo de Sant Boi
  • Termas Romanas
  • Praza da Generalitat

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: