Vilafranca del Penedès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilafranca del Penedès
Escut de Vilafranca del Penedès.svg
Situación xeográfica
Localització de Vilafranca del Penedès respecte de l'Alt Penedès.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Alt Penedès
Xeografía
Altitude: 223 msnm
Superficie: 19,65 km²
Poboación
Poboación total: 38.218 hab.
Densidade de poboación: 1.944,94 hab/km²
Xentilicio: Vilafranquí, vilafranquina
Información
Código postal: 08720
Alcalde: Pere Regull i Riba (CiU)
Sitio na web: www.vilafranca.cat
Basílica de Santa María de Vilafranca del Penedès

Vilafranca del Penedès é un municipio e cidade da provincia de Barcelona, en Cataluña (España), capital da comarca do Alt Penedès. É coñecida a nivel internacional polos seus viños espumosos (o cava catalán).

Índice

Historia [editar]

O municipio ten as súas orixes no século XII. Pódense atopar numerosos edificios de orixe medieval como a Basílica de Santa Maria, o Palau dels Comtes Reials e o Palau Baltà.

Tamén hai edificios modernistas de finais do século XIX e principios do XX ao longo das ramblas de Vilafranca do Penedés. Outro exemplo de arquitectura modernista é a fachada do Concello na Praza da Vila.

No centro da cidade pódense atopar algunhas igrexas góticas, edificios modernistas, un amplo centro comercial ao aire libre, unha grande oferta e cultura gastronómica, así como a visita ao Museo de Vilafranca (onde tamén se atopa o Museo do viño), e onde se explica ao visitante o proceso de elaboración do cava, así como a súa historia e a súa relación co municipio.

Os últimos presidentes do Museo de Vilafranca foron César Martín e, actualmente, Josep Soler.

Demografía [editar]

O municipio está formado por 5 entidades de poboación: El Bordellet (9 hab.), El Molí d'en Rovira (166 hab.), Perepau (87 hab.), Les Salines (85 hab.) e Vilafranca del Penedès (35.517 hab.).

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
7.749 9.822 11.177 17.546 25.020 30.024 36.687

Lugares de interese [editar]

  • Casa Miró
  • Casa Fortuny
  • Casa Guasch
  • Igrexa de Santa Maria
  • Palau Reial
  • Capela de Sant Pelegrí
  • Capela dels Dolors
  • Igrexa de SAnt Joan
  • Casa da Vila

Festividades [editar]

Do calendario festivo pódense destacar as Feiras de Maio, as festas de barrio durante os meses de xullo e agosto, e a Festa Maior a finais de agosto declarada de interese nacional.

Localidades irmandadas [editar]

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: