Canovelles
| Canovelles | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Vallès Oriental |
| Xeografía | |
| Altitude: | 175 msnm |
| Superficie: | 6,7 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 16.076 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 2.399,4 hab/km² |
| Xentilicio: | Canovellí, canovellina |
| Información | |
| Código postal: | 08210 |
| Alcalde: | Josep Orive i Vélez (PSC) |
| Sitio na web: | www.canovelles.org |
Canovelles é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e está situado a 2 km de Granollers, a súa capital.
Índice |
[editar] Historia
En Canovelles atopáronse xacementos arqueolóxicos da época neolítica e da época romana, especialmente desde que se iniciaron as obras para a construción da Rolda Nord, cando se atoparon restos do 5000 a.C. aproximadamente. O 'Menhir' é a mostra máis representativa e unha reprodución do mesmo atópase exposta na sala de exposicións do Auditorio de Can Palots.
A primeira vez que aparece o termo "Canovelles" é no ano 1008, nun documento onde Ingilberto e Incúncia intercambian cinco pezas de terra por un mosteiro situado noutro lugar pertencente ao Abad de Sant Cugat del Vallès.
Entre 1950 e 1970 chegaron a Canovelles moitas familias de orixe estremeño e andaluz multiplicando por vinte a poboación do municipio. Posteriormente, e desde finais da década de 1990 están chegando un gran número de marroquís, africanos e sudamericanos.
Durante a década de 1970 diversos grupos clandestinos de ideoloxía marxista organizaron a loita contra a ditadura franquista no municipio, chegando a existir organizacións de máis dun centenar de militantes.
[editar] Demografía
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 335 | 505 | 631 | 8.100 | 12.093 | 13.016 | 16.076 |
[editar] Economía
Canovelles viu aumentar moito a súa poboación debido ás emigracións masivas dos anos 50 e 60 (século XX) desde outras partes de España e á súa proximidade respecto de Barcelona. A actividade económica actualmente baséase no sector servizos e na industria.
Outro dos polos económicos da cidade é o mercado ambulante semanal dos domingos no que hai máis dun centenar de paradas. O mercado dos domingos céntrase sobre todo en alimentación, roupa, complementos e diversos aparellos electrónicos.
[editar] Galería de imaxes
-
Panorámica de Canovelles i Granollers