Santa Perpètua de Mogoda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Santa Perpètua de Mogoda | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Vallès Occidental |
| Xeografía | |
| Altitude: | 74 msnm |
| Superficie: | 15,8 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 25.191 hab. |
| Densidade de poboación: | 1.594,37 hab/km² |
| Xentilicio: | Perpetuenc, perpetuenca |
| Información | |
| Código postal: | 08130 |
| Alcalde: | Isabel Garcia Ripoll (ICV) |
| Sitio na web: | www.staperpetua.cat |
Santa Perpètua de Mogoda é un concello da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, Cataluña, España.
Atópase situado nunha chaira atravesada pola riera de Caldes, preto da súa desembocadura no río Besòs. Está a 17 km de Barcelona e a 7 km de Sabadell.
Hai documentos que mencionan a localidade desde o século X, aínda que se atoparon restos da cultura íbera, e tamén dunha masía romana.
Índice |
Demografía [editar]
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.742 | 2.227 | 2.552 | 8.217 | 13.528 | 19.084 | 21.644 |
Economía [editar]
A mediados do século XIX instaláronse as primeiras fábricas téxtiles do municipio: el Vapor e Ca'n Andal. Tradicionalmente agrícola, o crecemento que tivo nos últimos anos foi encaminando a súa economía cara a industria (50% da poboación ocupada en 1996) e o comercio.
Lugares de interese [editar]
- Castelo de Mogoda
- Ca n'Oller
- Can Banús
- Can Miralpeix
- Can Sabau
- Granxa Soldevila (Mas Granollacs)
- Santiga, pedanía onde atopamos unha igrexa románica e o "muro dos poetas", unha parede con esculturas dedicadas a poetas.
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web do concello (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)