Sant Cugat del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sant Cugat del Vallès
Escut de Sant Cugat del Vallès.svg
Situación xeográfica
Localització de Sant Cugat del Vallès respecte del Vallès Occidental.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Vallès Occidental
Xeografía
Altitude: 124 msnm
Superficie: 48,24 km²
Poboación
Poboación total: 81.745 hab. (2010)
Densidade de poboación: 1.694,55 hab/km²
Xentilicio: Santcugatenc, santcugatenca
Información
Código postal: 08172-08173
Alcalde: Mercè Conesa (CiU)
Sitio na web: www.santcugat.cat

Sant Cugat del Vallès é unha cidade e municipio catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Vallès Occidental. Situado entre a Serra de Collserola e a Serra de Galliners, limita con Barcelona polo surleste.

Ten 81.745 habitantes segundo cifras oficiais do INE do ano 2010. É a terceira cidade máis poboada do Vallès Occidental logo das capitais Sabadell e Terrassa e a décima máis poboada da provincia de Barcelona.

Índice

Historia [editar]

Mosteiro de Sant Cugat.

Cara ao século IV, no lugar onde hoxe se atopa o mosteiro de Sant Cugat, xa se atopaba unha fortaleza romana, posteriormente coñecida como Castrum Octavianum, que protexía o cruzamento da Vía Augusta coa vía de Egara (Terrassa) a Barcino (Barcelona). A tradición cristiá sitúa neste lugar onde, no ano 313 foi martirizado Cucuphas (Cugat), vindo de África para predicar a fe cristiá en territorio romano. A construción do mosteiro no século IX contribuíu ao crecemento do pobo durante a idade media. A principios do século XX, a chegada dos Ferrocarrís de Cataluña en 1917 induciu que o pobo cambiase o seu carácter rural por un máis urbano e estival, coa creación de varios núcleos de casas de veraneo. Durante a República, entre 1936 e 1939 o nome oficial da poboación foi Pins del Vallès.

Trala transición, o municipio acolleu varias institucións importantes, como os estudos de Televisión Española en Cataluña, a sede do C.A.R. (Centro de Alto Rendemento), no que se adestran deportistas de elite, e a sede do Arquivo Nacional de Cataluña.

Actualmente Sant Cugat ten un dos PIB per cápita máis altos de España, así como un elevado índice de natalidade.

Demografía [editar]

Na primeira década do século XXI Sant Cugat creceu preto de 30.000 habitantes. No ano 2000 contaba con 52.654 habitantes empadroados, mentres que en 2010 a súa poboación é de 81.745 habitantes, 11.600 deles estranxeiros.

A poboación española creceu, pero ao mesmo tempo a poboación de nacionalidade estranxeira tamén creceu notablemente. No 2000 representaba o 4,4% da súa poboación e en 2010 o 14,2%. Destes 11.600 estranxeiros o 46% é procedente de América Latina.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
2.120 5.190 6.992 20.669 31.184 52.654 76.274

Distritos [editar]

Barrios de Sant Cugat del Vallès.

Sant Cugat del Vallès está formado por cinco barrios ou distritos: Sant Cugat del Vallès, Mira-sol, Valldoreix, La Floresta e Les Planes.

O barrio de les Planes está dividido en dous, unha parte pertencente a Sant Cugat e a outra a Barcelona.

Lista de poboación por distritos:

Distrito Habitantes (2010)
Sant Cugat del Vallès
56.555
Mira-sol
11.928
Les Planes
1.217
La Floresta
4.446
Valldoreix
7.599
Fonte: INE


Lugares de interese [editar]

A Casa Lluch.
  • Mosteiro de Sant Cugat. Románico. Século IX
  • Ermida de Sant Medir. Románico. Século X
  • Ermida de Sant Adjutori. Románico. Século X
  • Torre negra. Románica. Século XII
  • Ponte de Can Vernet. Gótico. Século XIV
  • Casa Armet. Modernista. Ano 1898
  • Casa Lluch. Modernista. Ano 1906
  • Mercado de Pere San. Modernista. Ano 1911

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: