Vic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vic
[[Ficheiro:Escut de Vic.svg|90px|Escudo de Vic]] [[Ficheiro:Flag of Vic.svg|border|125px|Bandeira de Vic]]
Situación xeográfica
Localització de Vic a Osona respecte d'Osona.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Osona
Xeografía
Altitude: 484 msnm
Superficie: 30,92 km²
Poboación
Poboación total: 40.422 hab.
Densidade de poboación: 1.307,31 hab/km²
Xentilicio: Vigatà, vigatana
Información
Código postal: 08500
Alcalde: Josep Maria Vila d'Abadal i Serra (CiU)
Sitio na web: www.vic.cat
Praza Maior, en Vic.

Vic é un municipio e cidade española, capital da comarca de Osona, situado na provincia de Barcelona , comunidade autónoma de Cataluña. A poboación de Sentfores ou La Guixa forma tamén parte do municipio desde os anos 1940.

Índice

Xeografía[editar]

Atópase no medio dunha planicie que leva a seu mesmo nome Plana de Vic, equidistante de Barcelona e Francia.

É famosa pola súa persistente néboa no inverno que acaba por provocar un notable fenómeno de inversión térmica capaz de favorecer mínimas de até -10ºC e máximas próximas aos 0ºC nos episodios máis notables. No verán as tormentas son moi habituais até o punto de invertir o mínimo de precipitacións propio dos climas mediterráneos e favorecer a presenza de especies vexetais coma o carballo pubescente propias dos climas submediterráneos.

Historia[editar]

Durante os séculos VIII e IX, Vic estivo nas marcas que dividían as forzas francas das islámicas. No ano 1027, o bispo de Vic estableceu a "Paz e Tregua de Deus" que axudou a diminuír as guerras privadas. Durante o século XVII, a cidade foi un dos primeiros focos de rebelión contra a política centralista do rei Filipe V, conflito que terminou converténdose na Guerra de Sucesión.

Demografía[editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
12.105 15.005 16.975 25.906 30.057 31.533 38.964

Economía[editar]

As explotacións gandeiras e as industrias transformadoras do sector primario conviven cun tecido industrial moi diversificado, e cun sector comercial e de servizos en crecemento. É así mesmo cidade universitaria, o que a converte nun núcleo estudantil moi activo que recibe estudantes de toda a comarca de Osona e doutras do interior de Cataluña, sen esquecer un bo número de habitantes da área de Barcelona que acoden á cidade en tren. O seu armazón peonil de rúas no centro histórico está poboado de bares, restaurantes, asociacións, talleres e oficinas que demostran a súa vitalidade económica.

Desde 1989 organiza anualmente o "Mercat de Música Viva de Vic", unha das feiras musicais máis importantes. É unha cidade de Feiras e Mercados, o máis tradicional dos cales é o Mercat do Ram.

Na cidade ten a súa sede a Universidade de Vic.

Cidadáns ilustres[editar]

Localidades irmandadas[editar]

Galería de imaxes[editar]

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: