Caldes de Montbui
| Caldes de Montbui | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Vallès Occidental |
| Xeografía | |
| Altitude: | 203 msnm |
| Superficie: | 37,5 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 17.019 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 453,84 hab/km² |
| Xentilicio: | Montbuienc, montbuienca Calderí, calderina |
| Información | |
| Código postal: | 08140 |
| Alcalde: | Jordi Solé i Ferrando |
| Sitio na web: | www.caldesdemontbui.cat |
Caldes de Montbui é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e atópase a uns 35 km ao norte de Barcelona.
Índice |
Historia[editar]
O nome de Caldes ten que ver coa palabra "cálida" ou "quente" e refírese ás augas quentes que saen do interior da terra a unha temperatura de 74°C. É unha das fontes máis quentes de Europa. Os romanos xa aproveitaron esta auga e construíron alí un balneario que en parte se conservou ata os nosos días. Son as termas romanas mellor conservadas da península. O escritor romano Plinio xa fala deste balneario chamado entón Aquae-Calidae na súa crónica sobre a Hispania Romana. A historiadora Mercedes Sorda mantén o de Plinio, aínda que hai outras versións alternativas que indican que deste balneario o primeiro en falar sería Virxilio.
Demografía[editar]
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2009 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 3.474 | 4.777 | 4.729 | 8.161 | 10.168 | 12.464 | 16.885 |
Lugares de interese[editar]
- Font del Lleó
- Termas Romanas
- Igrexa parroquial
- Balnearios
- Torre Nova
Localidades irmandadas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Sitio web do concello (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)