Sant Andreu de la Barca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sant Andreu de la Barca
Situación xeográfica
Localització de Sant Andreu de la Barca respecte del Baix Llobregat.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Cataluña Cataluña
Provincia: Barcelona
Comarca: Baix Llobregat
Xeografía
Altitude: 42 msnm
Superficie: 5,53 km²
Poboación
Poboación total: 26.682 hab. (2010)
Densidade de poboación: 4.824,95 hab/km²
Xentilicio: Santandreuenc, santandreuenca
Información
Código postal: 08760
Alcalde: Manel Enric Llorca i Ibáñez (PSC)
Sitio na web: www.sabarca.cat

Sant Andreu de la Barca é un municipio da provincia de Barcelona (Cataluña, España). Situado na comarca do Baix Llobregat, forma parte do área metropolitana de Barcelona. É sede da Comandancia da Garda Civil de Barcelona.

Índice

Historia [editar]

Vista de Sant Andreu de la Barca desde Can Perera (el Papiol)

Os restos arqueolóxicos iberos e romanos achados en diversos lugares do municipio testemuñan que esta zona foi habitada permanentemente na antigüidade. Non se acha constancia escrita da poboación ata o ano 1109.

Foi eminentemente agrícola ata os anos 1950, transformándose nunha cidade industrial sobre todo a partir dos anos 1970, cando a poboación aumentou fortemente grazas á inmigración andaluza.

Demografía [editar]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
814 1.008 886 4.870 13.085 20.140 26.752

Monumentos [editar]

  • Igrexa parroquial e campanario (casco antigo). Datada en 1501, foi reformada no século XIX e tras a Guerra Civil.
  • Ermida de Santa Madrona (El Palau).
  • Torre-muíño Pedemonte (La Solana), que aloxa unha gardería municipal.
  • Can Preses e Can Archs (El Palau), masías do século XV.
  • Praza de Font da Roda (casco antigo).
  • Casas modernistas da rúa Joan Bosch (casco antigo).

Localidades irmandadas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]