Dosrius
| Dosrius | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Maresme |
| Xeografía | |
| Altitude: | 147 msnm |
| Superficie: | 40,73 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 5.010 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 123,01 hab/km² |
| Xentilicio: | Dosriuenc, dosriuenca |
| Información | |
| Código postal: | 08319 |
| Alcalde: | Josep Jo i Munné (PSC) |
| Sitio na web: | www.dosrius.cat |
Dosrius é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Maresme e está situado na zona interior da mesma.
Índice |
[editar] Xeografía
Está situado no interior, no límite comarcal co Vallès Oriental, na cabeceira da riera de Argentona. Ten un relevo accidentado ao estar na Cordilleira Litoral (serra do Corredor). A vexetación predominante son piñeiros e aciñeiras.
[editar] Demografía
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 872 | 894 | 921 | 767 | 733 | 2.846 | 4.469 |
[editar] Economía
A economía do municipio fundaméntase nunha industria moi diversificada pero escasa e na actividade turística. No termo municipal abundan os chalés de segunda residencia, propiedade de habitantes de Barcelona e Mataró. Unha estrada comunica con Llinars del Vallès e con Argentona e Mataró.
Dentro do termo municipal atopamos o pobo de Canyamars, situado nun val entre as serras do Corredor e de Montalt. Predominan as vivendas de segunda residencia.
[editar] Lugares de interese
- Castelo de Dosrius
- Ermida de Sant Llop (s.XVI)
- Igrexa de Sant Andreu el Far (s.XVII)
- Igrexa de Sant Esteve de Canyamars, gótica (s.X)
- Igrexa de Sant Iscle e Santa Victòria (s.XVI), de estilo gótico e campanario de torre cuadrada.
- Pozo de Glaç.
- Santuario do Corredor (s.XVI)
- Torre das Aigües
[editar] Cidadáns ilustres
- Esteve Albert i Corp, escritor e político.
- Joan de Canyamars, agricultor que atentou contra Fernando o Católico en Barcelona.