Cubelles
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cubelles | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Garraf |
| Xeografía | |
| Altitude: | 12 msnm |
| Superficie: | 13,67 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 13.995 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 1.023,77 hab./km² |
| Xentilicio: | Cubellenc, cubellenca |
| Información | |
| Código postal: | 08880 |
| Alcalde: | M. Lluïsa Romero i Tomás (PSC) |
| Sitio na web: | www.cubelles.cat |
Cubelles é un municipio costeiro de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Situado na comarca do Garraf, está a 50 km de Barcelona (é a última poboación costeira da provincia de Barcelona e da comarca do Garraf polo lado sur) e a 40 km de Tarragona.
Índice |
Demografía[editar]
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1990 | 2000 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 895 | 737 | 759 | 1.563 | 2.203 | 2.984 | 6.497 | 13.995 |
Comunicacións[editar]
A poboación está comunicada mediante trens de proximidade con Barcelona (45 minutos de traxecto) cada media hora. A estación do ferrocarril atópase a metade de camiño entre o centro da vila e as praias.
As principais vías de acceso de entrada e saída de Cubelles son desde a comarcal C-31 ou a través da autoestrada Pau Casals C-32, que ten saída no municipio.