León das cavernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hoehlenloewe CaveLion hharder.jpg

O león das cavernas (Pantera leo spelaea) é unha subespecie de león xa extinguida que viviu en Eurasia durante o Plistoceno. É coñecida grazas aos achados en fósiles e mais ás representacións na arte prehistórica.

As súas dimensións eran maiores cás do león actual e se cadra foi un dos felinos máis grandes que existiron tan só por tras do ligre, un híbrido de león con tigresa. O león das cavernas era un 25% maior cós leóns africanos, acadaban os 3 metros de lonxitude e os machos pesaban entre 270 e 320 kg namentres que as femias pesaban 175 quilos.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas