Ñu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ñu
Blue wildebeest.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EN gl.svg
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Xénero: Connochaetes
Nome científico
Connochaetes taurinus
Connochaetes gnou
Connochaetes taurinus cooksoni
Connochaetes taurinus albojubatus
Connochaetes taurinus johnstoni
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O ñu é un mamífero artiodáctilo ruminante, pertencente á familia dos bóvidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Este animal aseméllase moito a un antílope, ten patas delgadas e un corpo e cabeza máis ben macizos, coa pel dunha cor que oscila entre o gris e o pardo. Ten ademais unha crina negra que parte dende a caluga e chégalle ata a metade do lombo, así como unha cola longa rematada igualmente por unha crina negra. Os cornos deste animal, presentes tanto en machos coma femias, están curvados cara arriba, lixeiramente cara atrás. Cada un destes animais pesa arredor dos 250 kg, e pode vivir uns 20 anos.

Hábitat[editar | editar a fonte]

O ñu vive en grandes rabaños na sabana africana. Atopámolo sobre todo en Suráfrica, Namibia, Kenya e Tanzania.

Especies[editar | editar a fonte]

Existen dúas especies de ñus:

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ñu

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O ñu é empregado como símbolo de GNU, debido á coincidencia de nomes, pois pode usarse gnu ou wildebeest para este animal en lingua inglesa.