Cordal do Atlas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación do cordal do Atlas (en vermello)

O Atlas é un sistema montañoso que percorre os estados norteafricanos de Tunisia, Alxeria e Marrocos, actuando de barreira entre o mar Mediterráneo e o deserto do Sáhara. O seu punto máis alto é o monte Toubkal, con 4.167 metros de altitude, situado ao suroeste de Marrocos.

A súa formación foi consecuencia da colisión entre as placas africana e euroasiática durante a oroxenia alpina, na era cenozoica.