Cachorro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cachorro
Ficha técnica
Título orixinalCachorro
DirectorMiguel Albaladejo
ProdutorJuan Alexander
José L. García Arrojo
GuiónMiguel Albaladejo
Salvador García Ruiz
IntérpretesJosé Luis García
David Castillo
Diana Cerezo
Josele Román
Mario Arias
Empar Ferrer
Elvira Lindo
Arno Chevrier
Félix Álvarez
MúsicaLucio Godoy
FotografíaAlfonso Sanz
MontaxePablo Blanco
DistribuidoraManga Films
Estrea2004
Duración100 min.
OrixeEspaña
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0359045 Filmaffinity: 218922 Allocine: 58270 Mojo: bearcub Allmovie: v303927 TCM: 546571 Metacritic: movie/cachorro TV.com: movies/bear-cub-el-cachorro Netlix: 70032057Editar o valor em Wikidata

Cachorro é un filme español dirixido por Miguel Albaladejo que se estreou no 2004.

É un drama que se enmarca dentro do cinema da causa LGTB, mostrando con normalidade a atracción entre persoas do mesmo sexo.

Argumento[editar | editar a fonte]

Pedro, un homosexual (concretamente un oso) ben feito, desinhibido nas súas relacións e sen responsabilidades, comprométese a coidar durante quince días ao seu sobriño Bernardo, un cativo de 9 anos co que até ese momento non tivera moita relación. O rapaz é fillo de Violeta, a irmá de Pedro, unha hippie que vai facer unha viaxe á India co seu novo noivo. Pedro, a carón desta nova situación, terá que cambiar o seu ritmo de vida. Mentres o sobriño ten unha actitude natural e sen prexuízos cara a el.

Aos poucos días chégalle a noticia de que a súa irmá e a súa parella foron detidos na India por temas de drogas e que Violeta deberá pasar os próximos anos no cárcere. Pedro terase que enfrontar a esta situación e coidar ao cativo. Logo aparece a dona Teresa, a avoa paterna de Bernardo, coa que non tiña case relación, e que cre que a educación do cativo non debe estar nas mans dun homosexual.

Elenco[editar | editar a fonte]

Comentarios[editar | editar a fonte]

  • Na banda sonora de Cachorro, aparecen dúas cancións de Fangoria: Me odio cuando miento e Hombres. A primeira canción é do disco Una temporada en el infierno (1999) e a segunda de Naturaleza muerta (2001).
  • A película estreouse no Festival de Cine de Berlín de 2004.
  • En EE. UU censuráronse dúas escenas de sexo (a escena inicial e a da sauna).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]