Nicolao IV, papa
| Papa do século XII ó século XIII |
|
|---|---|
|
|
| Papas do século XIII |
|
|
|
| Papa do século XIII ó século XIV |
|
|
|
| Antipapa/s |
|
|
Girolamo Masci, nado en Ascoli Piceno (Italia) e finado o 4 de abril 1292 en Roma, baixo o nome de Nicolao IV, foi o papa n.º 191 da Igrexa Católica Romana de 1288 a 1292.
Pontificado[editar]
Franciscano coñecido baixo o nome de Xerome de Ascoli, fora ministro xeral da súa Orde e foi o primeiro papa franciscano da historia da Igrexa.
En maio de 1289, Nicolao IV coroou, como rei de Nápoles e de Sicilia, a Carlos II de Anjou a cambio de que este tivese recoñecido a súa vasalaxe ao pontífice; negándose polo tanto a recoñecer a Xaime II de Aragón como rei siciliano, título que este ostentaba dende que en 1285 sucedeu ao seu pai, Pedro III de Aragón. Nesta liña, concluíu en 1291 un tratado con Afonso III de Aragón e con Filipe IV de Francia co fin de expulsar a Xaime II de Sicilia.
