Afonso III de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Afonso III
Estatua de Afonso III en Maó

Afonso III de Aragón, I de Valencia e II de Barcelona, chamado O Franco (Alfons el Franc) ou o Liberal, nado en Valencia en 1265, e finado en Barcelona en 1291. Foi o primeiro fillo de Pere el Gran e a súa muller Constança de Sicilia. Á morte do seu pai, en novembro de 1285, el sucedeu o trono da Coroa de Aragón así como do Reino de Valencia e dos condados catalás. O seu irmán, Jaume el Just herdou o reino de Sicilia.

Conquista das Illas Baleares[editar | editar a fonte]

Por encargo do seu pai confiscou o reino de Mallorca a Xaime II de Mallorca, o seu tío, porque colaborara na cruzada contra a Coroa de Aragón, a invasión francesa de xuño-outubro de 1285, atacando entre 1285 e 1286 as illas de Eivissa e de Mallorca

Entre 1286 e 1287 conquistou ademais a illa de Menorca ao ra'îs Abû'Umar. Os gobernantes (reieciños) de Menorca eran vasalos do casal catalá dende tempos de Xaime I de Aragón mais este foi acusado de aliarse con Tunisia, e de retrucar cos anxevinos e franceses. A illa de Menorca quedou despoboada, e segundo conta Ramon Muntaner na súa crónica, foi repoboada "de bona gent de catalans" (de boa xente de cataláns).


Política castelá[editar | editar a fonte]

Afonso o Franco fixo unha política anticastelá, derivada do progresivo achegamento de Sancho IV de Castela cara a posicións profrancesas na cuestión siciliana.

Así pois, Afonso negouse a ceder os infantes da casa de Cerda ao rei castelán, infantes que se refuxiaran na corte catalá. Participou en Jaca na proclamación de Afonso da Cerda como rei de Castela en setembro de 1288, feito que desencadeou unha guerra fronteiriza entre os dous reinos de abril-xullo de 1289, setembro de 1290 e febreiro de 1291.

Política africana[editar | editar a fonte]

Continuou a mesma política que o seu pai nas cuestións norte-africanas, estabelecendo puntos de ligazón entre o continente africano e a península. En 1286 someteu a vasalaxe ao sultán Tlemcen e tentou, o mesmo co de Tunisia, do cal recibiu poucas concesións. Para acabar de someter estes sultáns do Maghreb central ameazounos cunha alianza co sultán de Marrocos, que ambicionaba estas terras.

Política externa[editar | editar a fonte]

Levou a realizar as expedicións navais de Roger de Llúria, Bernat de Sarrià e Berenguer de Vilaregut.

Recibiu en Barcelona ao ambaixador del Papa, e dos reis de Francia, e de Inglaterra, para interceder na liberación de Carlos II de Anjou, Rei de Nápoles, que o seu pai prendera.

En febreiro de 1291 asina a paz con Francia e a Santa Sé, co tratado de Tarascó, entre Valois e Francia dun lado e Cataluña-Aragón da outra, pola cal a casa de Valois renunciaba aos reinos cataláns que lle cedera o Papa e o Rei Afonso recoñecíase feudatario do Papa e prometía ir á Cruzada. Así mesmo Afonso tiña que retirar a axuda ao seu irmán Xaime I de Sicilia, chamado O Xusto, coa condición testamentaria de que o reino de Sicilia tiña que pasar ao seu outro irmán Frederico de Aragón.

Política interna[editar | editar a fonte]

A súa ambición mediterránea supuxo un desánimo da aristocracia aragonesa, que se sentiu deixada de banda, e que chegou a cuestionar os seus privilexios diante dunha monarquía triunfante. Así houbo diversos conflitos entre o rei e os aristócratas en diferentes períodos.

As Cortes de 1286, en xuño en Zaragoza e outubro en Huesca acabaron en accións militares e represalias. Así nas Cortes de Monzón de 1289 Afonso, coa axuda dos estamentos catalás e valencianos, acabou cun poder na Coroa de Aragón que permitía unha monarquía fortalecida, á vez que debilitaba os poderes nobiliarios.

Nupcias[editar | editar a fonte]

Casase o 15 de agosto de 1282 en Barcelona con Eleonor de Inglaterra, filla do Rei de Inglaterra Eduardo I e Eleonor de Castela, ás pregarias da cal accedeu finalmente, ceibando a Carlos II de Anjou.

Morreu sen descendencia lexítima o 18 de xuño de 1291 e foi sucedido o mesmo ano polo seu irmán Xaime II.