Lando, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século X |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
Landon, nado en Roma en data descoñecida e finado o 5 de febreiro 914, foi o papa n.º 121 da Igrexa Católica Romana de 913 a 914. Sabense poucas cousas sobre este papa
Foi papa durante 6 meses e 10 días de xullo 913 a febreiro 914. Landon foi elixido grazas á influencia do senador romano Teofilacto I, a súa esposa Teodora I e a filla de ambos Marozia, tras un período de catro meses de loita entre as distintas faccións romanas para impoñer o seu propio candidato Landon foi o último papa a levar un nome orixinal ata Xoán Paulo I en 1978. Ningún novo nome se engadiu xa á lista dos papas xa que Xoán Paulo I non resulta máis que da evocación simultánea de Xoán XXIII e Paulo VI.
O seu breve pontificado de non recolle feitos de relevancia. O máis destacado deste foi o nomeamento de Xoán de Tossignano, protexido de Teodora I e futuro papa Xoán X, como arcebispo de Ravenna.