Independentismo catalán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Estelada, principal bandeira independentista.

O independentismo catalán é a corrente política que propulsa a independencia de Cataluña, ou dos Países Cataláns, de España e Francia.

Apoio político á independencia de Cataluña[editar | editar a fonte]

Local independentista en Vic.

Existe moita diversidade de partidos con representación política en Cataluña, e o independentismo esta presente en varios deles, de forma máis ou menos pronunciada, polo que é difícil ler a correspondencia que tería cun eventual referendo sobre a independencia.

Con todo, existen partidos claramente independentistas como ERC e SI, outros con certa simpatía como sectores de CiU e ICV, e outros máis ben contrarios como o PSC, así como outros absolutamente en contra como PPC e Ciutadans.

Existen outros partidos ou coalicións independentistas extra-parlamentarias como Estat Català, Endavant, o PSAN, o MDT, a CUP ou, desde 2009, Reagrupament. Tamén hai unha gran diversidade de colectivos e entidades independentistas, así como grupos xuvenís como a Joventut Nacionalista de Catalunya, as JERC, Maulets ou a Coordinadora d'Assemblees de Joves de l'Esquerra Independentista, ademais de tres sindicatos estudantís: Estudiants en Acció, Coordinadora d'Estudiants dels Països Catalans e Alternativa Estel, estes dous últimos, xa unificados no SEPC.

 Tentativas de independencia de España e de Francia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]