Joan Laporta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joan Laporta i Estruch (nado en Barcelona o 29 de xuño de 1962) é un avogado español e actual presidente do Fútbol Club Barcelona. É licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona (UB) é membro do Ilustre Colexio de Abogados de Barcelona e do Patronato e da Comisión Executiva da Fundación Ernest Lluch. Tamén é Máster en Dereito de Sociedades e Expertos tributarios do Instituto de Estudios Superiores Abat Oliba de Barcelona e Diplomado en curso de Dereito de sociedades mercantis polo Ilustre Colexio de Abogados de Barcelona.
Ademais, Laporta é socio fundador e titular do bufete de abogados "Laporta & Arbós" e profesor colaborador en Seminario de Dereito Inmobiliario e Rexistral da Facultade de Arquitectos Técnicos da Universidade de Barcelona (UB). Tamén foi asesor persoal do cónsul xaponés en Barcelona.
Está separado de Constanza Echevarría e é pai de tres fillos.
| Predecesor: Xavier Sala i Martín |
Presidente do Barcelona 2003-actual |
Sucesor: No cargo |