Nacionalismo cingalés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A bandeira do rei de Kandy en 1815.

O nacionalismo budista cingalés é unha ideoloxía política de Sri Lanka que mestura unha defensa da cultura e identidade cingalesas (nacionalismo) cunha énfase no budismo theravada, o cal é a relixión da maioría da poboación de Sri Lanka. Xurdiu como unha reacción á colonización de Sri Lanka polo Imperio Británico e fíxose cada vez máis relevante nos anos seguintes logo da independencia do país.

Achegas de Anagarika Dharmapala[editar | editar a fonte]

Anagarika Dharmapala foi un dos principais impulsores do renacemento budisma do século XIX que promoveu a creación de institucións e escolas budistas e o movemento independentista do século XX. Ilustrou os tres primeiros puntos nun discurso público:

"Esta brillante e fermosa illa foi convertida nun paraíso polos cingaleses arios antes de que os vándalos bárbaros provocasen a súa destrución. A súa xente non coñecía a irrelixión ... O cristianismo e o politeísmo son os responsables das prácticas vulgares de matar animais, o roubo, a prostitución, a libertinaxe, a mentira e a embriaguez... A xente antiga, histórica e refinada, baixo o demo do paganismo vizoso introducido polos administradores británicos, agora está esmorecendo lentamente."[1]

Fixo un chamamento ao pobo cingalés para que se levantase. Protestou enerxicamente contra o consumo de alcohol, a matanza do gando e promoveu o vexetarianismo.[2]

Relacións con outras relixións en Sri Lanka[editar | editar a fonte]

O nacionalismo budista cingalés ten unha relación conflitiva con outras comunidades relixioosas como os cristiáns, sendo comúns as protestas realizadas por organizacións nacionalistas budistas contra os cristiáns no goberno do país a través de movementos como Acción Católica.[3] As relacións entre os nacionalistas budistas e os hindús son máis pacíficas e afables, con numerosas figuras hindús, como Kandiah Neelakandan e T. Maheswaran traballando con grupos budistas no proxecto de lei anticonversión.[4] Ademais, D. B. S. Jeyaraj sinalou que tanto o nacionalismo hindú como o nacionalismo budista de Sri Lanka xurdiron como reaccións ao cristianismo.[5] A colaboración hindú-budista é cada vez máis adoita en Sri Lanka, co xurdimento de grupos como a Hindu-Buddhist Friendship Society.[6]

Nos últimos tempos, a relación entre os nacionalistas budistas cingaleses e os católicos de Sri Lanka mellorou respecto dos intereses compartidos, como a oposición á esterilización e a prohibición das clases privadas durante as festas relixiosas. O cardeal Malcolm Ranjith tamén se opuxo ao secularismo e apoiou o budismo como relixión estatal, o cal lle valeu os eloxios do clero budista.[7][8][9] Porén, o nacionalismo cingalés segue a desconfiar dos cristiáns evanxélicos.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guruge 1965:482
  2. H. L. Seneviratne. The Work of Kings. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  3. Sri Lankan Buddhist monks protest against proselytizing Christians AP Worldstream - 22 de xaneiro de 2004
  4. Lanka Buddhists take on Church Daily Pioneer - 9 de xuño de 2009
  5. Maheswaran threatens Tamil religious unity Arquivado 2009-03-04 en Wayback Machine. The Sunday Leader - 18 de xaneiro de 2004
  6. Hindu-Buddhist Friendship Society soon Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Sunday Observer - 30 de maio de 2004
  7. "For Sri Lankan Buddhists, Card Malcolm Ranjith is a 'good leader'". Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  8. "Archbishop rejects secularisation ideology". Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  9. "Bodu Bala Sena Secretary General Galagoda Aththe Gnanasara Thero Meets Catholic Archbishop of Colombo Cardinal Malcolm Ranjith for Discussions.". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  10. "Sri Lanka: Bodu Bala Sena disrupts peace". www.csw.org.uk. Consultado o 2020-08-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anagarika Dharmapala, Return to Righteousness: A Collection of Speeches, Essays and Letters of the Anagarika Dharmapala, ed. Ananda Guruge, The Anagarika Dharmapala Birth Centenary Committee, Ministerio de Educación e Asuntos Culturais, Sri Lanka, 1965
  • DeVotta, Neil. "The Utilisation of Religio-Linguistic Identities by the Sinhalese and Bengalis: Towards General Explanation". Commonwealth & Comparative Politics, Vol. 39, No. 1 (marzo de 2001), pp. 66–95.
  • Tennakoon Vimalananda 'Buddhism in Ceylon under the Christian powers', 1963
  • Wijewardena 'The Revolt in the Temple', Sinha Publications, 1953